Ouro

Etiquetas:
04/08/2023

A Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio organiza un obradoiro de bateo de ouro na Finca Galea (Alfoz) para o próximo martes 8 de agosto. O obradoiro, dirixido polo recoñecido divulgador da xeoloxía galega Francisco Canosa, organizarase en tres quendas, dende as 16.00 ás 19.00, que se artellarán da seguinte maneira:

  • 1ª quenda: de 16 a 17 horas
  • 2ª quenda: de 17 a 18 horas
  • 3ª quenda: de 18 a 19 horas

O prezo da actividade é de 5€ para os socios da Asociación e 10€ para os non socios, que aboarán a cantidade mencionada no mesmo lugar onde se desenvolverá o obradoiro.

As inscricións están abertas e as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a mr....

leer más
Etiquetas:
31/07/2018

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de bateo de ouro os días 6 e 14 de agosto.

Esta actividade estará dirixida polo xeólogo Francisco Canosa, recoñecido divulgador da xeoloxía galega, e desenvolverase no río Ouro ao seu paso polo concello de Alfoz.

As inscricións poden facerse no correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com

Mariña Patrimonio pretende divulgar a existencia dunha importante minería e industria aurífera nos tempos antigos, da que dan mostra os restos de ourivería castrexa e as minas romanas descubertas e recoñecidas, particularmente na Mariña Central e Oriental.