Teleclub

Etiquetas:
19/05/2026

O Concello de Trabada vén de rematar as obras de mellora no Teleclub de Sante, local social da parroquia, nun proxecto que supuxo un investimento de máis de 50.000 euros e que foi posible grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo. Con motivo da finalización dos traballos, o alcalde de Trabada, Rubén García, convida á veciñanza a participar nun acto de inauguración que terá lugar este venres 22, a partir das 20:30 horas, no propio local social, especialmente aos veciños e veciñas da parroquia de Sante.

O Concello de Trabada explica que “as actuacións permitiron renovar tanto o exterior como o interior destas instalacións municipais. No exterior levouse a cabo a construción dunha rampla de accesibilidade, ademais do pintado integral do edificio. Xa no interior realizouse unha reforma completa coa instalación dun novo teito, novo...

leer más