Guías

Etiquetas:
10/11/2017

O Concello organiza o II Curso para a Formación de Guías Intérprete do Litoral de Ribadeo. Enmárcase dentro das accións do proxecto Entre Arcos e Cantís, no que participan Ribadeo, Burela e Cedeira e ten como obxectivo principal a promoción dun turismo sostible diferenciado, empregando a xeodiversidade do territorio como fío condutor. A inscrición para participar estará aberta ata o 20 de novembro. 

A edil Ana Martínez sinala que “se parte da base, de que o noso territorio destaca pola importante biodiversidade que alberga, se ben o interese social e turístico, no caso de Ribadeo, focalízase principalmente no espazo natural da praia das Catedrais e compre romper con esta dinámica e apostar pola valorización de todo o litoral de Ribadeo, transformando á súa vez nunha oportunidade para o aproveitamento socioeconómico compatibilizándoo coa...

leer más
Etiquetas:
28/04/2017

O Concello organiza un curso de formación de guías locais que se celebrará dos días 20 e 21 de maio. A inscrición estará aberta do 1 ao 16. O curso foi presentado esta mañá polos concelleiros de Medio Ambiente e Turismo, Noelia Mª Ben e Ramiro Fernández Rey, que estiveron acompañados por Francisco Canosa, un dos poñentes, que é licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Salamanca e doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo. 

Os edís explicaron que “o curso está organizado con fondos da Unión Europea destinados aos Grupos de Acción Costeira e será o 20 e 21 de maio”.

Ben e Fernández indicaron que “o que queremos é formar aos guías locais no ámbito xeolóxico, biolóxico e arqueolóxico para sensibilizar, poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural que temos en Burela. Vai dirixido a todas as...

leer más