Xuventude
A Concellería de Cultura, Educación e Xuventude de Burela organiza un curso de realidade virtual que se celebrará a última semana deste mes de agosto. O prazo de inscrición remata o día 23.
Esta actividade está dirixida a persoas con idades entre 12 e 35 anos, e terá unha duración de seis horas. As prazas son limitadas e o número máximo será de 14 persoas.
Os interesad@s poden anotarse na Casa da Xuventude de Burela ou no número de teléfono 982 581 141. A inscrición é gratuíta.
O concelleiro de Xuventude en Burela, José Díaz, anima aos interesados a participar nesta actividade e lembra que xa poden formalizar a inscrición desde hoxe ata o día 23 deste mes.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, programa unha nova edición do programa Cervo a carón do voluntariado.
A iniciativa está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos. As persoas inscritas poderán colaborar nas diferentes actividades que se programan dende o Concello como os Enredos de Verán ou as Noites Alternativas, participar activamente nas exposicións de carácter artístico, cultural e relacionadas co medio ambiente; e en actividades de animación e promoción de lectura; entre outras.
O proxecto de Acción Voluntaria abrangue ata o 1 de outubro, e cada voluntario colaborará nos programas un máximo de 60 xornadas de 6 horas diarias.
As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. Máis información na Casa da Cultura de San Ciprián (982 59 51 57).
Mondoñedo acollerá este venres, 7 de setembro, a cuarta edición da Festa da Xuventude. O concelleiro Alberto García explicou durante a súa presentación na que estivo acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que este departamento autonómico “sufraga integramente” a celebración que se desenvolverá na praza do Concello despois do festival “Mamá quero cantar” que comezará ás dez da noite.
Esta cuarta edición da Festa da Xuventude contará coa música de Hugo Torreiro e Carlos Bau que se unen no espectáculo denominado #DosEnPunto a través do que repasan os grandes éxitos da música pop española: dende Camilo Sesto a Los Suaves pasando por Alaska, Amaral ou Georgie Dann. A festa rematará cunha sesión dj.
A cita da comezo ás festas na honra á Virxe dos Remedios que se celebran na cidade mindoniense entre o...
leer másA Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a terceira edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 8 de setembro, a partir das once da noite e ata entrada a madrugada na praza do Concello.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou hoxe o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas. Estivo acompañado pola propia artista, xunto aos djs mindonienses, VítorPumariño e Alberto Leivas.
García avanzou que “esta edición a Festa da Xuventude conta de novo cun variado programa, no que tamén ten un especial protagonismo o alumnado da Escola de Música, que interpretará diferentes actuacións que están de moda no panorama musical actual”.
O cartel inclúe un ampla variedade de estilos e formacións, onde...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude que dirixe Dolores García Caramés, programa diferentes actividades lúdico-culturais para a xuventude durante os meses de xullo e agosto.
Tal e como sinalou Caramés “os rapaces poderán participar nun taller de cómic, no obradoiro dunha webserie, nun taller de graffitis que se desenvolverá nun espazo habilitado na zona da Veiga, nun obradoiro de modelado e animación; e en todo tipo de deportes acuáticos, como son o surf, as rutas en kaiaks, o paddle surf ou a coñecida como banana”.
Son todas elas actividades pensadas para os nosos mozos, para que gocen do tempo de lecer, ao tempo que toman contacto con novas disciplinas que tamén lles poden resultar útiles, nalgúns casos, para o seu futuro profesional”
O programa de Xuventude arrinca...
leer más