Taller

31/08/2026

O Concello da Pontenova organiza un taller de conservas para este sábado, 5 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas no local do CIT. As prazas son limitadas a 15 persoas e para participar hai que inscribirse a través do teléfono 982.34.22.77.

“Queres aprender a conservar os alimentos de forma segura, práctica e sinxela? O vindeiro 5 de setembro celebramos un taller no que aprenderemos diferentes técnicas de conservación, tanto prácticas como teóricas: conservas con azucre, agridoce, verduras ao natural... e moito máis! Unha oportunidade estupenda para aprender, compartir e aproveitar ao máximo os produtos da nosa terra”, explica o Concello da Pontenova.

Etiquetas:
31/08/2026

San Cosme de Barreiros acollerá este xoves, día 3 de setembro, de 16:00 a 20:00 horas un taller de cociña de temporada e proximidade. Será nas antigas escolas de San Cosme a parte teórica e no CEIP a práctica. É gratuíto e ten límite de prazas. Impartirao Sandra Varela.

O Gdr Terras de Miranda explica que o proxecto de cooperación Comedores Escolares Sustentables, do que forma parte este taller, “é unha iniciativa promovida por cinco Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR), en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Este...

leer más
Etiquetas:
25/03/2026

Ribadeo acollerá un taller de taichi este sábado, 28 de marzo. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata dunha actividade gratuíta, que terá lugar entre as 12:00 e as 13:30 na praza Pancho Maseda”. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono 636 39 93 95 (Gabi).

Colaboran na organización o Concello de Ribadeo e Chen Taichi Center Gijón. 

Silvent animou “aos amantes desta disciplina a achegarse este sábado á praza Pancho Maseda a disfrutar dunha mañá de deporte ao aire libre e de xeito gratuíto”. 

 

10/03/2026

Este luns, 9 de marzo, celebrouse Escola de San Adriano o taller titulado Ao son das mulleres, unha actividade participativa impartida pola musicoterapeuta María Fuente, dentro da programación organizada polo Día Internacional da Muller. Continuará con dúas sesións máis: este venres, día 13 de marzo, no Local Social de San Xurxo de 17:00 a 18:00 horas e o vindeiro luns, 16 de marzo, no Multiusos Ponte de Cuñas (Vilanova) de 19:00 a 20:00 horas.

A alcaldesa, Rocío López, fai un balance positivo das actividades celebradas ata agora en Lourenzá para conmemorar o 8M porque “houbo bastante asistencia de xente, que acolleu moi ben os actos”.

14/01/2026

O venres 23 de xaneiro ás 7 da tarde a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, de Ribadeo, (rúa Antonio Otero, 19), acollerá o evento titulado Soberanía Dixital X: Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración.

Está organizada polo colectivo amarinha.gal, que explica: “unha actividade pensada para tomar o control do noso móbil e ordenador a través de ferramentas libres, instalada e comprendidas, así como dos máis indispensables programas/apps para relacionarnos  coas institucións. Quen queira participar e teña algunha dúbida aínda está a tempo non só de asistir senón tamén de facer propostas para instalar ferramentas ou apps concretas, para o que se propón a quen teña pensado asistir que transmita as súas necesidades e atendelas no posible, da instalación do programa de...

leer más
Etiquetas:
05/01/2026

Este sábado, día 10 de enero, habrá en Xove un taller de yoga en familia. Será de 17:00 a 18:30 horas. Es gratis y para participar es imprescindible inscripción previa.

Está actividad está organizada por el departamento de Servizos Sociais del Concello de Xove.

Etiquetas:
10/10/2025

Xove acoge un taller de yoga para cuidadoras y personas con enfermedades crónicas. Será en la Casa do Director los miércoles a las 19 horas, dos al mes, desde el día 15 de octubre.

Es una actividad gratuita y para participar hay que apuntarse a través del teléfono 691.235.185 o presencialmente en el Departamento de Servicios Sociales del Concello de Xove.

Etiquetas:
23/09/2025

O Concello de Alfoz informa á veciñanza que a partir do 25 de setembro e ata o 1 de outubro permanecerá aberto o prazo para inscribirse no taller de manualidades, que se desenvolverá dende o 6 de outubro ata xuño na OMIX da Casa da Cultura os luns de 16:30 a 19 horas.

“Este taller está dirixido a todas aquelas persoas adultas que desexen explorar a súa creatividade e aprender novas técnicas artesanais nun ambiente ameno e colaborativo. O taller incluirá actividades diversas, adaptadas a diferentes niveis de habilidade, co obxectivo de fomentar a expresión artística e a socialización entre os participantes. A iniciativa forma parte da dedicación do Concello de Alfoz por promover o benestar da súa cidadanía, proporcionando espazos de aprendizaxe e convivencia que contribúan ao desenvolvemento persoal e á cohesión veciñal. As prazas son...

leer más
Etiquetas:
11/09/2025

A Área de Igualdade e o CIM organizan un taller de risoterapia, que terá lugar do 25 de setembro ao 2 de outubro. Denomínase Escarállate de risa. 

A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “terá lugar na Casa de El Viejo Pancho en horario de 11:30 a 13:00 horas. Queremos que as asistentes rían, conecten e gocen dun espazo único de diversión e benestar”

A edil de Igualdade sinala que “a inscrición, que se abre mañá, día 12, é gratuíta e as prazas son limitadas. Para anotarte podes facelo chamando por teléfono ao 982 120 739 ou presencialmente no auditorio municipal Hernán Naval de 10 a 13 horas”. O prazo péchase o 19 de setembro. 

O taller de risoterapia será impartido por Ana Fernández Bango.

Sanjurjo anima ás mulleres de Ribadeo a participar: “non perdas a...

leer más
Etiquetas:
01/09/2025

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña da volta ó cole co taller para nenos Decora a túa mochila este venres, día 5 de setembro. “Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para estas datas nas que as familias están a preparar a volta ó cole dos rapaces, e realizaremos 3 talleres para nenos. A temática é Decora a túa mochila, onde os rapaces votarán man da súa imaxinación e habilidades como artistas e poderán decorar unha mochila de tela. Será o venres día 5 de setembro na Sala Multiusos do Concello en tres horarios: de 12 a 13, de 18 a 19 e de 19 a 20 horas. É necesaria inscrición enviando un mail a info@...

leer más