Espectáculo
O Mago Rafa presenta o seu espectáculo titulado Experiencias na Casa da Cultura de Burela este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas.
As entradas, que teñen un prezo de 3 euros, despacharanse a partir das 18:30 horas.
É unha actividade para publico familiar incluída na programación cultural do Concello de Burela.
Llega a Burela el espectáculo de magia más esperado...The Magic Show, un tributo al mago más famoso de la saga cinematográfica!
La magia y los hechizos del mejor mago del mundo los podrás disfrutar en directo, el próximo 10 de junio en la Casa da Cultura de Burela.
Única función a las 18:00 horas. Precio de las entradas: 12 euros más gastos de distribución.
A la venta en: https://www.woutick.es/evento/24852/entradas-the-magic-show-harry-potter...
The Magic Show Tributo a Harry Potter es un espectáculo familiar, mágico y divertido para pequeños y grandes! Tendrás que verlo para poder creerlo...
A Casa da Cultura de Burela acollerá o 22 de Abril ás 18:00 horas o espectáculo familiar O Show de Fifo “Soño” de Troula Animación.
Fifo non sabe se vive nun soño ou si sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo coa axuda dos nenos e das nenas vai descubrir a través de xogos, de bailes, de gags e de risas se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar.
Se tes un soño ven cumprilo e se tes sono ven durmilo! Entradas por 2'5 euros na billeteira.
A Biblioteca de Ourol organiza esta actividade para nenos/as e familias desde os 3 anos e ata os 99. Hocus Pocus é un espectáculo cheo de maxia, xogos, música e diversión.
Será o 20 de outubro ás 18:30 horas no edificio multiusos de Ourol.
Os asistentes gozarán unha festa aloucada, divertida, dinámica e con moitas sorpresas.
Para acudir é preciso inscribirse ata o 18 de outubro no teléfono 982 55 90 19 ou no 608694051 (whatsapp).
A entrada é de balde.
O sábado, 25 de xuño, no Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 20:30 horas o mago Pedro Bugarín presenta o seu espectáculo para todos os públicos "Galicia ilusiona coa maxia", que forma parte do programa Ler conta Moito, da Xunta de Galicia.
O ilusionista galego Pedro Bugarín leva máis de 10 anos dedicándose ao mundo da maxia.
Os seus espectáculos caracterízanse polo bo humor, a sorpresa e a interacción co público.
O renovado show que presenta axunta a maxia tradicional coas novas tecnoloxías.
La praza do Concello de Mondoñedo acogerá, el día 19 de junio, el espectáculo musical titulado En alas de la canción. El concierto comenzará a las 20:00 horas.
Actuarán el barítono Leopoldo Rojas-O¨Donnell y el pianista Juan Rezzuto con un repertorio que hace un recorrido por la música vocal culta y popular desde Alemania hasta Argentina.
O Mago Rafa actuará no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o luns, 4 de xaneiro, a partires das 18:00 horas.
O espectáculo leva por título A Nova Maxia-Lidade e naceu na soidade do local de ensaio do Mago Rafa onde pasou oitenta días confinado desenvolvendo unha montaxe para a volta á nova normalidade, pero nada é normal. Trátase dunha función para o desfrute familiar e comprometida cunha cultura segura e exemplar.
Esta actuación, organizada polo Concello de Alfoz, está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Vaivén Circo presenta o día 30 deste mes, mércores, en Ribadeo o seu espectáculo Esencial, co que está percorrendo toda España. Desde a súa creación, no ano 2008, esta compañía recibiu numerosos galardóns entre os que destaca o Premio Nacional de Circo en 2016.
Este espectáculo terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 19:00 horas con entradas numeradas gardando as distancias de seguridade, aforo reducido e demais medidas contra o Covid 19. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com.
Está organizado por Game Over Productions xunto co Concello de Ribadeo dentro do programa Platea do INAEM. Os seus responsables de Game Over destacan “a gran calidade de Vaivén Circo e en concreto deste espectáculo familiar, que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que...
leer másA concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o domingo 27 de decembro poderase gozar en Foz da mellor música. O grupo Suakai levará ao escenario da sala Bahía a mellor música en directo, con instrumentistas ao máis alto nivel. O espectáculo, que leva por nome Luces, música, ¡acción!, traslada a emoción do cine á sala focense con bandas sonoras orixinais en directo.
Inés López explica que “nos 75 minutos que dura o público poderá gozar dunha viaxe a través das bandas sonoras máis relevantes e atractivas da historia do cine. Todas elas acompañadas de imaxes e luces, sincronizadas coma na gran pantalla”.
A edil de Cultura recomenda “a asistencia ao acto central da nosa programación de Nadal, que está cargada de pequenas sorpresas para todos, pequenos e grandes, pero con este concerto queremos achegar á...
leer másA Concellería de Cultura de Burela programa para este sábado, 12 de decembro, a actuación do Mago Rafa co seu novo espectáculo Shukran, que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas.
É unha función para desfrutar en familia co obxectivo de que sexa unha festa, polo que priman a alegría, a diversión e as sorpresas.
Despois de máis de vinte anos percorrendo diferentes escenarios e prazas coas súas actuacións, o equipo do Mago Rafa quere agradecer a enorme felicidade que sinte cada vez que sube ao escenario. Así nace este novo espectáculo, adaptado aos novos tempos, coa paixón, elegancia e profesionalidade que de sempre caracterizan ao Mago Rafa.
As entradas estarán á venda na billeteira do auditorio a partires das 17:30 horas. A actividade conta coa colaboración da Rede de Teatros e...
leer más