Espectáculo

Etiquetas:
29/12/2020

O Mago Rafa actuará no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o luns, 4 de xaneiro, a partires das 18:00 horas.

O espectáculo leva por título A Nova Maxia-Lidade e naceu na soidade do local de ensaio do Mago Rafa onde pasou oitenta días confinado desenvolvendo unha montaxe para a volta á nova normalidade, pero nada é normal. Trátase dunha función para o desfrute familiar e comprometida cunha cultura segura e exemplar.

Esta actuación, organizada polo Concello de Alfoz, está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

 

Etiquetas:
21/12/2020

Vaivén Circo presenta o día 30 deste mes, mércores, en Ribadeo o seu espectáculo Esencial, co que está percorrendo toda España. Desde a súa creación, no ano 2008, esta compañía recibiu numerosos galardóns entre os que destaca o Premio Nacional de Circo en 2016.

Este espectáculo terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 19:00 horas con entradas numeradas gardando as distancias de seguridade, aforo reducido e demais medidas contra o Covid 19. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com.

Está organizado por Game Over Productions xunto co Concello de Ribadeo dentro do programa Platea do INAEM. Os seus responsables de Game Over destacan “a gran calidade de Vaivén Circo e en concreto deste espectáculo familiar, que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que...

leer más
Etiquetas:
19/12/2020

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o domingo 27 de decembro poderase gozar en Foz da mellor música. O grupo Suakai levará ao escenario da sala Bahía a mellor música en directo, con instrumentistas ao máis alto nivel. O espectáculo, que leva por nome Luces, música, ¡acción!, traslada a emoción do cine á sala focense con bandas sonoras orixinais en directo.

Inés López explica que “nos 75 minutos que dura o público poderá gozar dunha viaxe a través das bandas sonoras máis relevantes e atractivas da historia do cine. Todas elas acompañadas de imaxes e luces, sincronizadas coma na gran pantalla”.

A edil de Cultura recomenda “a asistencia ao acto central da nosa programación de Nadal, que está cargada de pequenas sorpresas para todos, pequenos e grandes, pero con este concerto queremos achegar á...

leer más
Etiquetas:
10/12/2020

A Concellería de Cultura de Burela programa para este sábado, 12 de decembro, a actuación do Mago Rafa co seu novo espectáculo Shukran, que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas.

É unha función para desfrutar en familia co obxectivo de que sexa unha festa, polo que priman a alegría, a diversión e as sorpresas.

Despois de máis de vinte anos percorrendo diferentes escenarios e prazas coas súas actuacións, o equipo do Mago Rafa quere agradecer a enorme felicidade que sinte cada vez que sube ao escenario. Así nace este novo espectáculo, adaptado aos novos tempos, coa paixón, elegancia e profesionalidade que de sempre caracterizan ao Mago Rafa.

As entradas estarán á venda na billeteira do auditorio a partires das 17:30 horas. A actividade conta coa colaboración da Rede de Teatros e...

leer más
11/02/2020

O grupo Mamá Cabra presenta este sábado, 15 de febreiro, en Viveiro, o espectáculo de música infantil A fraga do meu avó. Dará comezo ás 18:00 horas e ten unha duración dunha hora.

As cancións coas que se enche esta montaxe naceron o día que Gloria paseou pola fraga co seu primo Cándido que lle contaba miles de contos que sucederon alí. Coas súas botas e o seu gavillo percorreu o regato que a cruza buscando a fonte da que tiña oído falar e que se agochaba entre o lixo e a maleza. A base de paseos e visitas apareceron animais que nunca viran, árbores inmensas que sabían segredos da vila, plantas que sanaban e floriñas ventureiras.

A fraga do meu avó está en Santa María de Vigo, en Cambre, e para que se coñeza a súa historia naceu un libro, varios poemas, contos e moitas cancións, que están no espectáculo.

... leer más
30/07/2018

A Delegación de Cultura organiza un espectáculo de pompas de xabón xigantes para o público familiar que se celebrará o vindeiro venres, 3 de agosto. Será ás 12:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Os Fabulosos Cleaners presentarán un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dirixido a un público de todas as idades. Interpretado por Xoque Carvajal e Jouse García, é unha creación de Luis Beviá e o propio Xoque Carvajal é quen tamén dirixe esta cita xunto a Marcos Orsi.

É unha actuación enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
28/06/2018

Mañá, venres, pola noite Acisa en colaboración coa Xunta de Galicia organiza un espectáculo en Rinlo “co fin de dinamizar algunhas parroquias tan importantes coma esta, que conta cuns establecementos hostaleiros e gastronómicos de grande categoría como son A Cofradía, El Portillo, A Mirandilla ou Porto de Rinlo”, sinala o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.  

A partires das 22:30 horas na praza de San Catalina haberá un espectáculo musical e visual a cargo de Queiman e Pousa. Os que se acheguen ata Rinlo gozarán dunha noite máxica e sorprendente, na que se exaltará a súa gastronomía, a paisaxe e a tradición. 
Iriarte anima “a todo o mundo a asistir a este espectáculo e a non perder a oportunidade de consumir e cear nos catro establecementos asociados a Acisa cos que contamos en Rinlo”.

E engade: “desde...

leer más
19/04/2018

A Concellería de Cultura programa para este domingo, 22 de abril, o espectáculo titulado "Achégate ao sexto sentido" co mago Manuel Lamas.

Esta actuación, incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ás 18:00 horas.

Trátase dunha montaxe novidosa onde as novas tecnoloxías se mesturan con fermosas historias contadas con dobre sentido para que o público disfrute con emoción e ilusión.

 

13/11/2017

O espectáculo "Jurásico. La isla perdida" estará na Casa da Cultura de Burela o día 15 de decembro. As entradas xa se atopan á venda. 

Despois da súa xira de tres anos por Europa, chega a España esta montaxe que une cultura, diversión, ecoloxía, tecnoloxía, imaxe e son, cunha posta en escena completamente exótica pensada para un público familiar. Presenta as situacións que rodean ao mundo animal, pero coa particularidade de que as personaxes ás que lles suceden as aventuras son, aos ollos do público, auténticos dinosaurios.

"Jurásico. La isla perdida" presentarase na Casa da Cultura de Burela o día 15 de decembro, ás 20:00 horas.

As entradas están á venda en ataquilla.com, na Biblioteca Municipal de Burela e na cervexería O Traste.

 

10/05/2017

O ilusionista Martín Camiña chegará a Barreiros con A maxia de Carlos Casares. A representación terá lugar este domingo a partir das 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O mago Martín Camiña ten recibido diversos premios entre os que se atopan o Nacional de Maxia e o da Asociación Portuguesa de Ilusionismo. Nesta ocasión dedica o seu espectáculo a Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A actividade inclúese no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, coa que colabora o Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.