Espectáculo

07/07/2016
A Xunta programa 19 espectáculos culturais nos Concellos do Camiño Norte na Mariña. Haberá en Ribadeo, Lourenzá, Barreiros, Mondoñedo e Trabada.
 
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e o xerente do  Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron o programa cultural Vive o Camiño, que se inicia mañá en Ribadeo e se celebrará durante os próximos catro días tamén en Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo.
 
Esta programación ven a complementar a de Cultura no Camiño, que xa se ven desenvolvendo na comarca e que precisamente hoxe recala tamén en Ribadeo. En total, a Xunta programa 19 espectáculos nos concellos mariñáns da ruta do Norte.
 
A delegada territorial, Raquel Arias, fixo fincapé no esforzo que está a realizar a Xunta por “enriquecer a experiencia do Camiño, tanto para os peregrinos como...
leer más
15/09/2015
Este sábado, 19 de setembro, o Grupo de Marionetas Trécola ofrecerá un espectáculo na praza da Fontenova, en Viveiro. Organiza: Viveiro CCH.
 
O Grupo de Marionetas Trécola actuará na praza da Fontenova de Viveiro este sábado, 19 de setembro, ás 13 horas cun número titulado Nº8 Rúa dos Contos. Trátase dun espectáculo de guiñol tradicional para toda a familia.
A iniciativa enmárcase dentro do programa Cultura sobre Rodas levado a cabo pola Deputación de Lugo. Organiza: Viveiro CCH.
28/05/2015
O Mago Rafa presentará este domingo, 31 de maio, en Barreiros o seu espectáculo "Historias dun ilusionista".
 
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá este domingo, día 31 de maio, ás sete da tarde unha actuación do Mago Rafa, que presentará o seu novo espectáculo titulado Historias dun ilusionista.
O Mago Rafa é un artista polifacético que no seu espectáculo mestura o humor, a maxia e as diferentes formas de comunicación.
Este acto está incluído no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.