O Mago Rafa presenta en Burela o seu novo espectáculo "Shukran". Será o 12 de decembro na Casa da Cultura.

A Concellería de Cultura de Burela programa para este sábado, 12 de decembro, a actuación do Mago Rafa co seu novo espectáculo Shukran, que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas.

É unha función para desfrutar en familia co obxectivo de que sexa unha festa, polo que priman a alegría, a diversión e as sorpresas.

Despois de máis de vinte anos percorrendo diferentes escenarios e prazas coas súas actuacións, o equipo do Mago Rafa quere agradecer a enorme felicidade que sinte cada vez que sube ao escenario. Así nace este novo espectáculo, adaptado aos novos tempos, coa paixón, elegancia e profesionalidade que de sempre caracterizan ao Mago Rafa.

As entradas estarán á venda na billeteira do auditorio a partires das 17:30 horas. A actividade conta coa colaboración da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia.