O mago Pedro Bugarín presenta o seu espectáculo na Casa da Cultura de Alfoz o 25 de xuño.

O sábado, 25 de xuño, no Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 20:30 horas o mago Pedro Bugarín presenta o seu espectáculo para todos os públicos "Galicia ilusiona coa maxia", que forma parte do programa Ler conta Moito, da Xunta de Galicia.

O ilusionista galego Pedro Bugarín leva máis de 10 anos dedicándose ao mundo da maxia.

Os seus espectáculos caracterízanse polo bo humor, a sorpresa e a interacción co público.

O renovado show que presenta axunta a maxia tradicional coas novas tecnoloxías.