Bonos

Etiquetas:
16/04/2024

A patronal ofrece asesoramento e apoio aos negocios que o precisen e tamén aos clientes.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “esta é unha importante actividade da que os nosos negocios poden beneficiarse, por iso os animamos a que se adhiran a unha campaña, que o que persegue é a dinamización do comercio local. Nesta campaña da Xunta de Galicia póñense a disposición bonos de 30 euros, que se reparten en descontos de 5, 10 ou 15 euros dependendo do importe de cada compra”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “tal e como vimos facendo sempre dende Acisa, con motivo desta nova edición do Bono Activa Comercio, actuamos como entidade colaboradora e polo tanto prestamos apoio e asesoramento tanto a empresas como a particulares nos procesos de adhesión dos negocios, na descarga e tamén no uso dos...

leer más
Etiquetas:
12/09/2022

O Concello programa cinco obras de teatro para o último trimestre do ano, que achegarán a Ribadeo a actrices e actores da talla de María Castro ou Carlos Hipólito, entre outros. Hai un abono en venda online, que suporá un aforro do 15% no prezo das entradas soltas. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “no Concello de Ribadeo temos preparada unha interesante programación teatral para o último trimestre deste ano 2022. Trátase de 5 obras seleccionadas do Programa Platea do INAEM, que achegarán á nosa vila a actrices e actores da talla de María Castro, Carlos Hipólito, Pepa Rus e Sol Picó, entre outros”. 

A edil ribadense subliñou que “o que imos facer para animar á xente de Ribadeo e da contorna a que acudan a gozar destas representacións é sacar un bono para as cinco obras programadas, que suporá un...

leer más
Etiquetas:
24/06/2021

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, anima a aproveitar as diferentes campañas postas en marcha por administracións como a Xunta e a Deputación de Lugo para potenciar as compras nos negocios locais.  

Paleo sinalou que “estamos xa no verán, datas nas que moitos collerán as súas merecidas vacacións. Son días de preparativos e de compras, de aí que desde a Federación de Comercio A Mariña queiramos insistir nas campañas que nas últimas semanas puxeron en marcha a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. Estoume a referir aos Bonos Impulsa, aos Bonos Activa Comercio e aos Bonos Turísticos”.

Para o presidente da FCAM “este é un bo momento para que asociados e clientes se beneficien das diferentes campañas lanzadas para facer as súas compras de cara á estación que acabamos de estrear”. 

...

leer más
Etiquetas:
24/04/2020

A Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Economía xunto coa Área TIC da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade, lanza a campaña #AxudémoNOS” co obxectivo de apoiar todo tipo de negocios de Ribadeo que estean pechados temporalmente por mor do Covid-19, e así incentivar as compras neste sensible momento de corentena.

A edil Pablo Vizoso explicou que “co lema Compra agora e goza despois, este programa levárase a cabo a través dunha campaña que integrará unha plataforma de intermediación onde os establecementos poderán ofrecer os seus produtos ou servizos agora para que os seus clientes os consuman cando remate a corentena. Será a través de bonos prepago”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local sinalou que “poderán adherirse gratuitamente os negocios de Ribadeo que nestes momentos se atopen pechados por...

leer más