O Mago Rafa presenta o seu espectáculo Experiencias en Burela este sábado, 28 de outubro

O Mago Rafa presenta o seu espectáculo titulado Experiencias na Casa da Cultura de Burela este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas.

As entradas, que teñen un prezo de 3 euros, despacharanse a partir das 18:30 horas.
É unha actividade para publico familiar incluída na programación cultural do Concello de Burela.