Xantar
O Concello de Alfoz celebrará o Xantar da 3ª Idade o 4 de marzo, sábado. Será ás 14:30 horas en Finca Galea e antes, ás 13:00 horas, haberá misa na igrexa de San Pedro.
O Concello explica que “a organización da comida é a mesma que en anos anteriores. As persoas xubiladas de Alfoz, independentemente da súa idade, e as súas parellas (sexan matrimonio ou parella estable) non pagan nada. Considérase acompañante a aquelas persoas (fillos, coidadores, etcétera) que vaian cun xubilado/a que por algún motivo necesite axuda; nese caso tampouco pagaría o menú (a diferenza doutros anos que si o facían). Entregarase un detalle aos participantes de maior idade e tamén ás parellas que cumpran as súas vodas de ouro, non só neste 2023 senón nos anos anteriores en que non se puido celebrar esta comida por mor da pandemia. Haberá misa ás 13:00 horas na...
leer másBurela estará presente na feira de turismo gastronómico Xantar, que terá lugar en Ourense desde mañá, mércores. O venres o alcalde participará nun acto con motivo da celebración do día do mar e haberá unha degustación gastronómica. O Concello porá un autobús con 48 prazas dispoñibles, para que os veciños e veciñas de Burela que o venres se queiran desprazar ata Xantar o poidan facer. Para poder viaxar deben inscribirse no Concello.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “a partir do mércores o Concello de Burela vai estar presente na feira de turismo gastronómico Xantar en Ourense. Como todos os anos, imos ter o noso stand alí onde imos promocionar Burela e, ademais este ano, imos contar tamén coa colaboración de Conservas Faro de Burela, que vai expoñer parte dos seus produtos e vai facer unha degustación relacionada co...
leer másBurela estará presente un ano máis na Feira Xantar, que se celebra en Ourense do 5 ao 9 de febreiro. O día 7 estará dedicado ao mar e Burela ofrecerá unha degustación dos seus produtos típicos. O Concello vai poñer un autobús con 55 prazas para que os veciños e veciñas que o desexen poidan desprazarse ata a cidade das burgas para asistir a esa cita do 7. As persoas interesadas deberán anotarse no Concello, onde tamén se lles facilitará a entrada de acceso a Xantar. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que “os que queiran ir á feira pola súa conta tamén terán entrada pasando a recollela polo Concello”.
O edil anunciou que “para a semana que ven, entre os días 5 e 9, vaise celebrar no recinto feiral de Expo Ourense, a Feira Xantar, referida a poñer en valor os produtos gastronómicos das distintas zonas de Galicia, incluso de...
leer másA asociación Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza este xoves, 26 de setembro, a festa na honra a San Ciprián.
Ás 12:30 horas, haberá misa cantada pola coral Terra Mar na capela de San Ciprián. Ás 14:30 horas, celebrarase un xantar no Restaurante Buenavista, e ás 17:30 horas na Casa do Mar terá lugar un baile amenizado polo Dúo EPO-K.
O 22 de xuño terán lugar os actos centrais do 50 aniversario do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo.
O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, convoca a todas as persoas que están ou estiveron vinculadas ao centro a unha xornada de actividades para celebrar o 50º aniversario das súas actuais instalacións, que están na rúa Carlos III da vila ribadense. Será o 22 deste mes, sábado, e inclúen unha comida de confraternidade.
Os actos dese día comezarán ás doce do mediodía cunha Eucaristía de acción de gracias, que se celebrará na capela do colexio. A continuación descubrirase unha placa conmemorativa na fachada de centro e despois farase unha visita á exposición titulada 50 anos sementando futuro. As actividades rematarán cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante Voar ás 14:30 horas. As tarxetas para participar na comida poden adquirirse en Foto Miguel ou na Secretaría do colexio, pero tamén poden ser retiradas...
leer másO Concello de Burela organiza o seu tradicional xantar para os xubilados, que terá lugar o vindeiro 5 de maio no pavillón dos institutos. Os que queiran participar poden inscribirse no Concello desde mañá, 24 de abril, e ata o 3 de maio.
O alcalde burelés, Alfredo Llano, declarou que “como é tradicional xa, desde que chegamos nosoutros ao Concello de Burela a través deste grupo de goberno, volvemos recuperar o día de convivencia das nosas persoas maiores, facer unha homenaxe e un día para compartir, que é moi agradable, cun xantar para todos eles. Este ano imos facelo o 5 de maio”.
O rexedor salientou que “é para nosoutros unha honra poder xuntar á gran maioría de xente de Burela para participar neste xantar, ademais doutras actividades que vai haber antes no auditorio. Queremos compartir entre todos un día que...
leer másA Concellería de Cultura organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o 14 de maio.
Esta viaxe é gratuíta e inclúe comida e baile en Cedeira. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no centro sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
A viaxe é gratuíta.
O Concello burelés participarán na vixésima edición de Xantar, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de febreiro. Burela contará cun stand máis grande e protagonizará a degustación de bonito que terá lugar o venres ás 13:00 horas. O Concello pon un autobús para que as persoas que o desexen poidan asistir a este acto.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde o Concello de Burela, por medio da Delegación de Turismo, vamos asistir un ano máis á feira Xantar, en Ourense, xa que entendemos que é moi positiva para poder mostrar alí todos os atractivos turísticos que ten Burela. Ademais este ano decidimos dar un salto na presenza nesa feira: ampliamos o stand e tamén vamos ter un día dedicado a Burela en Xantar, que vai ser o venres. Esa xornada será cando imos facer unha degustación do bonito en diferentes...
leer másO Círculo de Recreo de Mondoñedo organiza o 21 de abril un xantar-homenaxe a Isidro Otero García.
O evento celebrarase na finca San Antonio en Mondoñedo a partires das 14:30 horas.
O prezo por persoa é de 40 euros, incluído o agasallo, e o menú será servido por Mesón de Alberto.
A compra de tarxetas para asistir ao xantar pode facerse en La Alianza, O Rincón de Mondoñedo e A Taberna do Valeco. A data límite para a retirada de tarxetas é o 18 de abril.
O Concello de Foz organiza, a través da súa Concellería de Asuntos Sociais, unha comida para os maiores do municipio, que terá lugar o sábado 17 de xuño. A participación neste evento é gratuíta, pero os que queiran acudir deben retirar as tarxetas no centro social a partir de hoxe.
A concelleira de Asuntos Sociais de Foz, Mercedes González Alonso, explicou: “xa levábamos moito tempo con ganas de facer esta xuntanza. Nesta comida dos maiores queremos obsequialos cun día especial de convivencia no que agardamos que todos se sintan a gusto e que se divirtan. Terá lugar o día 17 de xuño, sábado, ás dúas da tarde na Sala Bahía. É para todos aqueles que teñan cumprido 65 anos e que estean empadroados no Concello de Foz”.
Mercedes González subliña que “a entrada é gratuíta pero previamente deberán retirar a tarxeta no...
leer más