Arcos

Etiquetas:
15/09/2020

O Concello de Ribadeo ofrece novas experiencias turísticas, que só se poden vivir unha vez ao ano. Iso correrá do 18 ao 20 de setembro cunha edición especial da Xeoruta dos Arcos, que se realizará aproveitando unha das mareas máis grandes deste 2020. As prazas para participar están practicamente esgotadas. O edil de Turismo, Pablo Vizoso, fai unha valoración moi positiva da acollida que tivo esta iniciativa, “xa que nun par de horas comprobamos que as máis de 60 prazas ofertadas estaban case cubertas”.

O edil ribadense dixo que “a costa de Ribadeo, conta cunha riqueza xeomorfolóxica salientable e excepcional, que fan deste espazo un referente xeolóxico tanto a nivel nacional como internacional. É un enclave natural dun alto valor ecolóxico, cunha elevada concentración de recursos naturais e paisaxísticos, cuxo máximo expoñente é a presenza do maior conxunto de arcos rochosos...

leer más