Gaceta
Faro Norte Comunicación edita unha portada especial de A Gaceta Ribadense nos días nos que tería que celebrarse o VII Ribadeo Indiano.
Titúlase “Pensando no 2021” e quere render unha homenaxe especial a hostaleiros e comerciantes nun ano que está a ser moi duro para todas e todos eles.
Faro Norte Comunicación agradece o apoio de todas as firmas de Ribadeo e da súa contorna e das institucións colaboradoras para que A Gaceta Ribadense saíse á rúa: “todos queremos pasar páxina canto antes a este ano que estamos a vivir e poñer a ilusión e a esperanza no 2021, no que agardamos compartir con todas e todos vostedes o Ribadeo Indiano e unha nova edición deste xornal”.
Desde Faro Norte Comunicación dan as grazas “a cada un dos articulistas que ano tras ano nos deleitaron coas súas historias,...
leer másXa está na rúa o cuarto número de A Gaceta Ribadense, o xornal ideado e deseñado por Justo García que publica Faro Norte Comunicación con motivo do Ribadeo Indiano. Nesta ocasión foron editados 4.000 exemplares de 32 páxinas, que se reparten gratuitamente nos case 90 establecementos colaboradores, en puntos de venda de prensa e polas rúas da vila ribadense durante o festexo.
Neste número da publicación hai artigos e entrevistas escritos por Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia, Carmen Cruzado e Beni Mántaras. Ademais inclúense textos sobre o Ribadeo Indiano asinados polo alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, Francisco...
leer másXa está na rúa o terceiro número de A Gaceta Ribadense, o xornal ideado e deseñado por Justo García que publica Faro Norte Comunicación con motivo do Ribadeo Indiano. Nesta ocasión foron editados 4.000 exemplares de 24 páxinas, que se repartirán gratuitamente nos máis de 70 establecementos colaboradores, nos puntos de venda de prensa habituais e polas rúas da vila ribadense durante o festexo.
Neste número da publicación poderán ler escritos de dúas novas firmas “fichadas” por este xornal, o letrado (nos dous significados da palabra) Antonio Fernández e Rubén Abelaira (da Asociación Lucense de Automóviles Antiguos), que se unen a seis articulistas que xa participaron nos números anteriores desta gaceta: Martín Fernández Vizoso, Carlos Álvarez Lebredo, Toni Deaño, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia e Carmen Cruzado.
... leer más