Faro Norte Comunicación edita unha portada especial de A Gaceta Ribadense nos días nos que tería que celebrarse o VII Ribadeo Indiano.

Faro Norte Comunicación edita unha portada especial de A Gaceta Ribadense nos días nos que tería que celebrarse o VII Ribadeo Indiano.

Titúlase “Pensando no 2021” e quere render unha homenaxe especial a hostaleiros e comerciantes nun ano que está a ser moi duro para todas e todos eles. 

Faro Norte Comunicación agradece o apoio de todas as firmas de Ribadeo e da súa contorna e das institucións colaboradoras para que A Gaceta Ribadense saíse á rúa: “todos queremos pasar páxina canto antes a este ano que estamos a vivir e poñer a ilusión e a esperanza no 2021, no que agardamos compartir con todas e todos vostedes o Ribadeo Indiano e unha nova edición deste xornal”.

Desde Faro Norte Comunicación dan as grazas “a cada un dos articulistas que ano tras ano nos deleitaron coas súas historias, coas súas colaboracións, sobre a emigración. Queremos ter nesta ocasión unha lembranza especial para Antonio Fernández, que nos deixaba hai uns meses”.

E engaden: “grazas tamén aos nosos especiais repartidores e repartidoras de A Gaceta Ribadense, que cada venres do Ribadeo Indiano no desembarco no porto lles achegaban a todos vostedes esta publicación”.