Recorrido

Etiquetas:
17/02/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz anuncian unha modificación nos premios programados para a categoría de grupos adultos. A gran afluencia dos mesmos levou a reformular a categoría ampliando a dotación destes, quedando como segue: 1º premio, 700 euros; 2º premio, 500 euros; 3º premio, 400 euros; 4º premio, 350 euros; 5º premio, 300 euros; 6º premio, 200 euros; e 7º premio, 100 euros. Tamén se inclúe unha nova categoría ao coche mellor engalanado de grupos que terá unha dotación de 250 euros.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a participación no desfile sigue crecendo. O seu percorrido, que será coma todos os anos pero rematará na confluencia das rúas Irmandiños e Concello de Cervo, espérase con importante afluencia de público. Para que se desenvolva correctamente pídese aos participantes que ao finalizar...

leer más