O Concello de Burela organiza o Día da Terceira Xuventude o 1 de maio

Ás 12:30 horas haberá unha recepción na Casa da Cultura, e as persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairá ás 13:30 horas.

A partir das 14:00 horas haberá comida e baile no pavillón dos Institutos.

Poden participar no Día da 3ª Xuventude as persoas empadroadas en Burela con máis de 65 anos ou con 60 anos cumpridos sempre e cando sexan pensionistas da Seguridade Social. Poderán vir acompañadas pola súa parella.

A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello de Burela, e o prazo para anotarse estará aberto dende mañá, 11 de abril, ata o 24 de abril.