Fantasía

Etiquetas:
25/07/2016
Do 29 ao 31 de xullo terá lugar en Viveiro nos Xardíns Noriega Varela o "Mercado da Ilusión, poboado pola igualdade".
 
Os Xardíns Noriega Varela, de Viveiro, acollerán do 29 ao 31 de xullo o Mercado da Fantasía, poboado pola igualdade, que organizan o Concello e o Centro de Información ás Mulleres. 
 
Durante esas xornadas haberá talleres educativos, personaxes de contos, atraccións infantís, postos de alimentación, artesanía e gastronomía.