Estudo

Etiquetas:
07/09/2022

O Concello de Foz está a crear un punto de estudo e consulta sobre o románico no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “se trata dun pequeno espazo onde calquera que teña interese poida consultar distintas obras sobre o románico. E este é o lugar perfecto para a súa ubicación, tendo unha xoia do románico como é a Basílica”.

Chema Linares engade que o obxectivo “é ter un fondo bibliográfico sobre o románico en xeral e sobre o de San Martiño en particular. Trataremos de recompilar todo o material que poidamos: libros, tratados, escritos, revistas, etcétera; en definitiva, publicacións varias sobre á temática do románico. Xa se están pedindo fondos á distintos organismos e institucións como a Deputación, Estudios Mindonienses, etcétera, e estamos abertos a todo tipo de...

leer más
Etiquetas:
28/01/2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, que dirixe Dolores García Caramés, programa uns obradoiros de técnicas de estudo e de escritura creativa dirixidos ao alumnado de primaria e a ESO.

En concreto, o obradoiro de escritura creativa comezará o 30 de xaneiro, prolongarase durante os meses de febreiro e marzo, e estará impartido pola escritora local Irene Rega Jul. Está dirixido ao alumnado de 4º a 6º de primaria -os xoves en horario de 17:00 a 18:00 horas- e de 1º e 2º da ESO -os xoves en horario de 18:30 a 19:30 horas-. 

Pola súa banda, o obradoiro de técnicas de estudo comezará o 3 de febreiro, e prolongarase durante os meses de febreiro, marzo e abril. Está dirixido ao alumnado de 1º a 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO, e desenvolverase os luns na Casa da Cultura.

Etiquetas:
02/06/2016
En Ourol preséntase o 11 de xuño un programa de estudo e loita contra a vespa velutina e tamén haberá unha charla sobre esta especie invasora.
 
En Ourol o día 11 de xuño os rapaces e rapazas de voluntariado xuvenil presentarán o seu estudo "Proxecto para a sustentabilidade apícola. Programa de estudo e loita contra a vespa velutina". Este traballo de campo realizarase a partir das dez da mañá. O estudo estase a levar a cabo no concello de Ourol coa finalidade de controlar esta especie invasora que está atacando aos apiarios do municipio. A presentación do estudo está prevista para as 16:00 horas. 
 
Ademais o investigador Lolo Andrade ofrecerá unha charla sobre a vespa velutina no Concello ás 17:00 horas, para coñecer un pouco máis esta especie e cómo se pode controlar a súa expansión.
 
Organiza...
leer más