Vespa

Etiquetas:
02/06/2016
En Ourol preséntase o 11 de xuño un programa de estudo e loita contra a vespa velutina e tamén haberá unha charla sobre esta especie invasora.
 
En Ourol o día 11 de xuño os rapaces e rapazas de voluntariado xuvenil presentarán o seu estudo "Proxecto para a sustentabilidade apícola. Programa de estudo e loita contra a vespa velutina". Este traballo de campo realizarase a partir das dez da mañá. O estudo estase a levar a cabo no concello de Ourol coa finalidade de controlar esta especie invasora que está atacando aos apiarios do municipio. A presentación do estudo está prevista para as 16:00 horas. 
 
Ademais o investigador Lolo Andrade ofrecerá unha charla sobre a vespa velutina no Concello ás 17:00 horas, para coñecer un pouco máis esta especie e cómo se pode controlar a súa expansión.
 
Organiza...
leer más
Etiquetas:
09/10/2015
A Casa da Cultura do Valadouro acolle este sábado, 10 de outubro, ás 17 horas unha charla sobre a vespa velutina.
 
A Concellaría de Cultura do Valadouro, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), organiza para este sábado, 10 de outubro, unha charla sobre a vespa velutina e as medidas de control desta praga invasora. O encontro terá lugar na Casa da Cultura de Ferreira ás 17 horas.
O programa da actividade inclúe nocións sobre o ciclo de vida e o comportamento da velutina, os colectivos afectados pola súa presenza, como comportase ante a presenza de niños, dispositivos de control, colocación de trampas para capturar as raíñas fundadoras na primavera, eliminar niños no verán e outono e os protocolos para facelo. Ademais, haberá unha demostración práctica da elaboración de trampas e atraentes para capturar as raíñas de velutina. 
A...
leer más
Etiquetas:
13/03/2015
O 18 de marzo haberá en Mondoñedo unha charla sobre a vespa velutina. Será no Centro Comarcal.

 

O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro día 18 de marzo, ás 20 horas, unha xornada sobre a vespa velutina. Nesta charla explicarase como comportarse ante a presenza da vespa, a súa vixiancia e control e tamén haberá unha demostración da elaboración de trampas. O acto esta organizado polo Sindicato Labrego Galego, Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Mondoñedo.