Papel

Etiquetas:
13/12/2019

A Asociación de Comerciante, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ven de repartir nestes días mais de 400 bobinas de papel de regalo nos establecementos comerciais asociados. 

O xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, explicou que “este papel, do que se repartiron 400 bobinas en dous modelos, un de 75 centímetros de ancho para os paquetes mais grandes e outro de 35 centímetros de ancho, está decorado cos logotipos de Acisa e da Rede de Comercios no Camiño, e cumpre as normas de respecto o medio ambiente, sendo 100 % biodegradable”.

Pérez engadiu que “esta iniciativa está enmarcada no proxecto da Rede de Comercios no Camiño, á que se adheriron os comercios de Acisa o pasado mes a través dunha solicitude conxunta da nosa asociación”.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte,...

leer más
Etiquetas:
30/10/2017

A Delegación de Medio Ambiente organiza un obradoiro de papel feito a man a partires de fibra de palla, liño e millo de alta calidade. Será os días 18 e 19 de novembro na praza de abastos. A asistencia é gratuíta. 

Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “a partires do desenrolo deste taller procederase á fabricación de follas de papel a partir de fibras naturais coa impronta persoal de cada participante 100% ecofriendly”. 

E engaden que “este obradoiro de papel feito a man terá lugar os días 18 e 19 de novembro na praza de abastos de Burela. Terá unha duración de 6 horas. O sábado desenvolverase de 16:30 a 20:30 horas, e o domingo de 12 a 14 horas. Será necesario inscribirse previamente na Oficina De Medio Ambiente ou por teléfono no 982 58 08 67. Cristina Fernández Sáinz de la Maza impartirá dito...

leer más