Mocidade
Vilanova de Lourenzá acollerá os días 22 e 23 deste mes, sábado e domingo, unhas xornadas para achegar a figura de Francisco Fernández del Riego á xente nova. Están organizadas pola Mesa Coordinadora Don Paco, polas Escolas Deportivas Lourenzá e polo Concello e na presentación participaron representantes destas entidades.
A presidenta da Mesa Coordinadora Don Paco e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou: “estas xornadas, que organizamos os días 22 e 23 de abril, son outras das moitas actividades que están enmarcadas dentro dese calendario de actos do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. Nesta ocasión trátase dunha serie de eventos que van destinados á xuventude e que están moi ligados co deporte. Están organizados pola Mesa Coordinadora Don Paco e polas Escolas Deportivas do Concello e agardamos achegar a figura de...
leer másO Concello de Ribadeo e a Anpa Esteo organizan obradoiros de voleibol destinados á mocidade nos meses de abril e maio. A actividade enmárcase no programa o Concello cos Coles.
Neste proxecto colaboran o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e a empresa de tempo libre Anacos de Lecer.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “consideramos que o deporte contribúe á educación integral da mocidade, ao desenvolvemento harmónico da súa personalidade, á formación en valores e á adquisición de hábitos saudables”.
A edil ribadense sinalou que “como obxectivo ademais de adquirir destreza e coñecemento na práctica desta disciplina deportiva, o que se persegue é fomentar en todo momento a participación por riba do resultado e a concepción igualitaria”.
As datas de...
leer másA Concellaría de Mocidade presentou a programación deseñada para a vindeira Semana Santa. Está destinada a mozas e mozos de 0 a 35 anos do 1 ao 5 de abril.
O 1 de abril desenvolverase un programa de actividades formativas e de ocio para celebrar o Día da Xuventude. Está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. No parque de San Francisco de 16 a 21 horas haberá gastronomía saudable, lecer educativo, punto de información, concienciación ambiental, igualdade de xénero, graffiti, habilidades para a empregabilidade e dinamización do entorno. Estas actividades, destinada a mozas e mozos de 12 a 35 anos, son de balde.
Os días 3, 4 e 5 de abril haberá un obradoiro tecnolóxico denominada Construímos unha smart city. Será na Casa da Xuventude de 11 a 13 horas para mozas e mozos a partir...
leer másA Concellaría de Mocidade deseñou un amplo programa de actividades de Nadal, que inclúen cine, deportes e teatro.
O edil David Rivas explicou que “teremos o ciclo Cine no Nadal os días 26, 27, 28 e 29 de decembro ás 17:30 horas no Cine de Ribadeo e coas entradas ao prezo de dous euros. A rapazada de todas as idades poderá ver películas como Tadeo Jones-La tabla esmeralda, Reyes contra Santa, A todo tren 2, Mundo extraño, Gato con botas: el último deseo ou Avatar: el sentido del agua”.
O concelleiro de Mocidade seguiu a relatar que “haberá actividades deportivas no pavillón da rúa Alfredo Deaño os días 27, 28, 29 e 30 de decembro de 11:30 a 13:30 horas para nenas e nenos a partir de 6 anos. Contaremos con tiro con arco, bádminton, inchable de escalada, multideporte e circuíto vial. E o 30 de decembro terá lugar...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegación de Xuventude e Educación, que dirixen Denise Galán e Dolores García Caramés, respectivamente, vén de convocar o programa “Cervo a carón do voluntariado V”, dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos.
O obxectivo xeral do proxecto de voluntariado xuvenil é poñer en práctica a implicación solidaria e o compromiso activo da comunidade moza coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social.
Ábrese a convocatoria para todos aqueles mozos e mozas que queiran participar como voluntarios/as nas diferentes actividades previstas durante todo o verán. As persoas interesadas poden recibir máis información no teléfono 691 65 66 00 e deben presentar a súa solicitude na Casa da Cultura de San Ciprián.
O proxecto de Acción Voluntaria arrincará o 15 de...
leer másA Concellaría de Mocidade organiza dous obradoiros tecnolóxicos dirixidos aos mozos e mozas ribadenses. Estes talleres serán sobre Iniciación á Robótica e Iniciación á Programación de Móbiles Android.
O obradoiro de Iniciación á Robótica terá lugar o 26 de decembro na Aula CeMIT de Ribadeo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os destinatarios son mozos e mozas de 11 anos en adiante.
A concelleira Mariluz Álvarez Lastra sinala que “esta actividade iniciará ás nenas e nenos na programación dun xeito entretido”. A bondade máis importante da robótica é separar ao alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot. O taller constará de superar mini-retos, e a resolución de cada un deles instruirá ao alumno nun algoritmo distinto de...
leer másO vindeiro luns, 22 de xullo, comezan as Noites 2019, que organiza o Concello de Foz, cunha actividade que o ano pasado tivo un gran éxito, o Wipe Out. Equipos clasificados por idades competirán en probas como a pista americana, gladiadores, superbarredora,… sen dúbida, as noites do luns e do martes estarán cheas de risa no Campo da Cabana.
Do 5 ao 7 de agosto a protagonista será a área da Rapadoira, co fútbol praia e nas seguintes semanas volverá a actividade de novo ao Campo da Cabana para disputar o fútbol sala e o baloncesto, que compartirán horario con kickboxing e defensa persoal.
Por primeira vez nas Noites haberá dúas actividades á vez. A organización agradece a colaboración co club Foz ContactAri, xa que os días 12, 13 e 14 de agosto poderase descubrir o kickboxing á vez que se disputa o fútbol sala. ...
leer másA concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, organiza o seu XIII Certame de Debuxo e Pintura con motivo do Día Mundial da Sida. Con el pretende concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre o VIH-SIDA, a súa prevención e a capacidade de ser solidarios coas persoas que padecen esta enfermidade. No concurso poderán participar tódolos rapaces do Concello de Burela que teñan entre 12 e 20 anos e entreguen os seus debuxos orixinais antes do 25 de novembro, nos centros de Ensinanza Secundaria da localidade ou na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela (Rúa Laxelas s/nº).
...
leer más