Ioga

Etiquetas:
01/12/2023

O Concello de Ourol comunica que aínda quedan prazas libres para anotarse na actividade de ioga que se está a levar a cabo os mércores en horario de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos e que se desenvolverán ata outubro de 2024.

Aquelas persoas que estean interesadas en participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57)

 

Etiquetas:
23/09/2023

O taller terá lugar na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela. O horario será de 12 a 13 horas todos os luns.

Está organizado pola AECC e conta coa colaboración do Concello de Burela. 

Etiquetas:
22/09/2023

O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional. As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos, darán comezo o día 4 de outubro e desenvolveranse ata xuño.

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro e debe facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457). Para participar hai que estar empadroado no concello de Ourol e esta actividade require formar un grupo mínimo de 10 persoas.

Etiquetas:
21/09/2023

O Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga que se desenvolverá desde outubro de 2023 ata maio de 2024.

A actividade iniciarase o 2 de outubro, luns, e haberá cinco grupos. Catro deles serán os martes e xoves con estes horarios: de 10:30 a 12:00, de 17:30 a 19:00, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00. E no quinto grupo, para persoas coidadoras ou con enfermidades crónicas, o obradoiro desenvolverase os luns e mércores de 17:30 a 19:00 horas.

As inscricións deben facerse ata o 28 de setembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), onde tamén poden consultarse os prezos.

 

Etiquetas:
24/01/2023

Dentro do programa municipal de fomento do deporte o Concello de Alfoz oferta a modalidade de ioga, que se leva a cabo na Escola de Nenos de Adelán en dous grupos diferentes: grupo A, con 2 horas á semana (martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas); e grupo B, con 1 hora á semana (martes de 18:30 a 19:30 horas). 

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 1) e as inscricións realízanse na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz.

 

Etiquetas:
09/03/2022

A AECC organiza un taller de ioga en Burela dirixido a voluntarios, familiares e enfermos de cancro. Será todos os luns de 10:30 a 11:30 horas na sala multiusos da Casa da Cultura. Dará comezo o 14 de marzo. 

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse nos seguintes números de teléfono: 658 87 21 96 - 982 25 08 09 ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, subliña que “desde o Concello de Burela mantemos un contacto estreito coa Asociación Española de Loita contra o Cancro, apoiando esta e outras iniciativas”.  E engade que “hai que por en valor este servizo, no que unha traballadora social e unha psicóloga ofrecen o súa asistencia para toda a comarca da Mariña”.

 

Etiquetas:
17/08/2021

Nuria Torrado González impartirá unha clase de ioga ao aire libre este xoves, día 19 de agosto, ás 16:00 horas no concello de Cervo, concretamente no parque Reina Sofía, de San Cibrao.

Esta actividade, organizada polo Concello de Cervo, titúlase Non desesperes … relax. Os interesados en participar deben anotarse previamente vía whatsapp no teléfono 691.65. 66.00.