O Concello de Ourol organiza clases de ioga para maiores de outubro a xuño. O prazo de inscrición remata o 29 de setembro.

O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional. As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos, darán comezo o día 4 de outubro e desenvolveranse ata xuño.

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro e debe facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457). Para participar hai que estar empadroado no concello de Ourol e esta actividade require formar un grupo mínimo de 10 persoas.