As Anzas

Etiquetas:
29/08/2025

Este sábado, 30 de agosto, celébrase en As Anzas (Ribadeo) a XII edición da Malla do Trigo, unha cita que combina tradición, gastronomía e música popular, recuperando un dos labores máis emblemáticos da cultura agraria galega.

A xornada arrincará ás 10:00 horas co asentamento da maquinaria e dos primeiros mollos. Ás 11:00 horas dará comezo a malla, que estará amenizada polo Cuarteto Tradicional Illa Pancha e o Grupo Lume.

Ás 12:30 horas terá lugar o reparto de pan, sardiñas e viño. Ao finalizar a malla, celebrarase unha sesión vermú a cargo do Grupo Lume, seguida da tradicional comida popular.

O menú incluirá paella mixta, costela de porco asada, tarta milfollas, bebidas, pan, café e licores. O prezo será de 25 euros, excepto para os menores de 12 anos que non terán que pagar. 

... leer más
Etiquetas:
12/08/2024

As Anzas, lugar da parroquia ribadense de Covelas, celebra a festa na honra á Virxe da Asunción este xoves, día 15 de agosto.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada por Jaime Paredes, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.

Etiquetas:
23/08/2023

O vindeiro sábado, 26 de agosto, a parroquia de As Anzas, en Ribadeo, acollerá a décima edición da Malla do Trigo. As tarxetas, incluídas as dos nenos, deben recollerse antes do xoves 24 no restaurante A Pena, en Casa Domingo ou en Multitiendas Teresa.

O inicio da malla será ás 10 horas co asentamento da maquinaria e dos primeiros mollos. A malla estará amenizada con actuacións musicais de Axeigo e Grupo Lume. Ás 12.30 terá lugar o reparto de pan, sardiñas e viño e será ao rematar a malla cando dea comezo a sesión vermú. Nesta ocasión, coa participación exclusiva de Grupo Lume.

A comida ten un custe de 30 euros, pero será de balde para nenos menores de 10 anos. Poderá desfrutarse de mexillóns ao vapor, polbo á feira, costela de porco asada e tarta milfollas.Tamén estará acompañada de pan, viño tinto Rioja crianza...

leer más