Correlingua

Etiquetas:
26/04/2022

O Correlingua  volverá ser en 2022 unha das grandes actividades arredor da lingua nos centros educativos galegos. Máis de vinte festas entre este próximo maio e o vindeiro outono dinamizarán o uso da lingua en distintos centros educativos galego, levando ata eles concertos, obradoiros, regueifas e outras actividades arredor da lingua.

Esta nova edición do programa, organizado pola Asociación Correlingua, a Mesa pola Normalización Linguística e a Asociación SocioPedagóxica Galega, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das outras tres institucións provinciais, presentouse esta mañá no Pazo de San Marcos e comezará a súa actividade nos colexios nos primeiros días de maio.

Como explicou na presentación Xesús Bermello, presidente da AC Correlingua, "aínda que xa estamos quitando as mascarillas e...

leer más