Conto

Etiquetas:
26/03/2024

O salón de actos do Centro Cívico de Xove acollerá a representación do conto musical infantil titulado “Unha perla no mar”. Será este mércores, 27 de marzo, ás 19:00 horas. É unha actividade organizada pola asociación Prestoxove e patrocinada polo Concello de Xove.

Na representación participará alumnado da 33ª edición do curso de Formación Orquestral de Semana Santa, da Escola Municipal de Música de Xove e membros de diversas asociacións do concello que colaboran nesta actividade.

 

Etiquetas:
21/12/2022

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrece o concerto titulado Un conto por Nadal este venres, día 23 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz. O director é Carlos Timiraos e da narración encargarase Lara Noriega.

As entradas son de balde ata completar o aforo, pero hai que retiralas previamente na taquilla a partir das 20:00 horas do propio venres.

Esta actividade está organizada pola Banda de Música O Landro, de Viveiro, coa colaboración da Concellería de Educación.