Nadal

Etiquetas:
18/12/2025

Cervo celebra a súa Gala de Nadal este domingo, día 21 de decembro, desde as 19:30 horas no salón de actos do Concello.

“Un dos eventos máis agardados destas datas chega esta fin de semana. Unha tarde noite moi especial para gozar da música, das tradicións e do talento local coa participación de: A Rebolaxe, Fol do Raxal, Cordenaira (Airiños do Xunco), Milicrocas (Airiños do Xunco), Mistura Infantil, Coro de Cervo e Coral Terramar. Vive connosco a maxia do Nadal nunha gala chea de emocións, cultura e espírito festivo”, anuncia o Concello de Cervo.

Etiquetas:
18/12/2025

O Concello de Viveiro presenta a programación especial de Nadal, con actividades que se desenvolverán ata o 5 de xaneiro. O calendario inclúe propostas culturais, musicais, deportivas e de lecer, así como actividades dirixidas á conciliación familiar, co obxectivo de ofrecer alternativas para todos os públicos.

Este venres, día 19 de decembro, abrirá o Mercado de Nadal A trastenda de Nicomedes ás 17.00 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello. E haberá a cea de Nadal da Comisión de Festas de Viveiro no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas ás 21.30 horas.

O sábado 20 disputarase unha proba da Copa Galicia de Ciclocross en Lavandeiras (Celeiro), a partir das 11.00 horas; celebrarase o Festival de Nadal da Unidade Pastoral de Viveiro ás 17.00 horas nos Claustros de San Francisco; e haberá o concerto ...

leer más
Etiquetas:
17/12/2025

A Escola Municipal de Música de A Pontenova ofrecerá un concerto de Nadal este venres, día 19 de decembro. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:00 horas.

Está organizado polo Concello de A Pontenova, que anuncia: “A Escola Municipal de Música de A Pontenova convídavos a desfrutar do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita chea de música, ilusión e ambiente festivo. Ven compartir connosco esta velada especial e dámoslle a benvida ao Nadal coa mellor música!”.

17/12/2025

O Motoclube A Cadeira, de Trabada, celebrará a súa II Papanoelada Moteira este sábado, día 20 de decembro.

A ruta sairá desde a gasolineira de Santirso de Abres ás 15:00 horas. Pasará por Sante e farán unha parada no Bar A Curuxeira. Esta previsto que cheguen ao Mercadiño de Nadal de Trabada ás 16:30 horas.

Etiquetas:
17/12/2025

O Festival de Nadal de Foz, que está dedicado ás panxoliñas, será este sábado, día 20 de decembro, ás 20:00 horas na igrexa parroquial da vila.

Está organizado pola Coral Polifónica de Foz, que actuará no festival xunto ao grupo Mar Aberto e o Coro Eufonía.

Etiquetas:
16/12/2025

O Concello de Xove anuncia a celebración do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita xa consolidada dentro da programación cultural do municipio. O evento terá lugar este sábado, día 20 de decembro, ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Nesta ocasión o tradicional Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música e da Orquestra Clásica de Xove “contará cunha proposta moi especial. O programa inclúe a interpretación de seis temas do disco Xente Cativa, un traballo gravado pola propia Escola Municipal de Música nos seus inicios, alá polo ano 1988. Naquel momento as pezas non dispoñían de partituras escritas, polo que para este concerto empregarase a gravación de audio orixinal como fondo musical, recuperando así a esencia e o espírito daquel proxecto pioneiro. A música era obra de Nacho Fonseca, profesor asturiano, e o disco orixinal...

leer más
Etiquetas:
16/12/2025

A asociación cultural O Picato, de Trabada, convoca un concurso de decoración de Nadal que “será de adornos feitos de materiais reciclados, que serán expostos na Praza do Concello”.

As bases do certame son as seguintes: “os adornos terán que ser realizados con materiais reciclados (rodas, plásticos, madeira...) e de temática navideña; serán expostos na Praza do Concello, sendo data límite de entrega o 18 de decembro e quedando alí ata o 7 de xaneiro; os participantes poñeranse en contacto cos membros da directiva para a coordinación de entrega dos mesmos; poderá participar calquera persoa, asociación ou entidade; os premios serán de carácter presencial, sendo a entrega dos mesmos o día do Mercadiño de Nadal (20 de decembro) sobre as 19:00 horas; os membros do xurado serán persoas alleas á directiva da A.C. O Picato para unha maior...

leer más
14/12/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra a súa comida de Nadal o día 20 de decembro, sábado, na Casa da Penela, en Vilamor (Mondoñedo). Será ás 14:30 horas, despois da asemblea xeral ordinaria de socios, que está fixada para as 11:30 horas en primeira convocatoria e para media hora despois en segunda, no salón de actos do Concello de Lourenzá.

O prezo da comida é de 28 euros e para participar anota Lupe a través do teléfono 619.37.80.29 e o prazo para inscribirse está aberto ata o mércores 17 de decembro.

Etiquetas:
14/12/2025

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 17 de decembro, mércores, ás 14:30 horas na Casa da Cultura. O prezo é de 25 euros por persoa.

Este evento estará amenizado coa música do dúo Dilema.

Etiquetas:
13/12/2025

Este Nadal a novidade en Foz é o campamento de conciliación de Nadal. Terá lugar os días 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro na Sala Bahía. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o campamento terá horario de madrugadores dende ás 9.00 ata as 10.30 horas e o horario do campamento será de 10.30 a 14.00 horas. Está pensado para nenos de 3 a 12 anos e nel poderán realizar diferentes actividades, como obradoiros, xogos, etcétera. O custe dos 8 días é de 20 euros. A inscrición está aberta ata este xoves 18 ou finalización de prazas, que serán outorgadas por orde de entrada. Esta pode realizarse na sede electrónica do concello de Foz, no apartado Trámites destacados.-Campamento de Nadal de Foz 2025-2026 ou no rexistro do Concello”.

Inés López Couto destaca que “vai ser unha actividade divertida e boa...

leer más