Mercadiño

21/04/2023

Trátase do segundo mercadiño estacional que lle da continuidade ao Mercadiño no Nadal celebrado o pasado 11 de decembro.

será na Praza do Concello. O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.

Desde a organización indican que “neste mercadiño poderás atopar produtos de calidade e proximidade en máis de 20 postos que encherán a praza de vida. Durante estas semanas iremos contándovos quen nos vai acompañar nesta ocasión”.

E engaden que “para comezar, deixamos a info sobre as actuacións, financiadas con fondos propios e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amenizarán este evento: ás 12:00 actuación do grupo folclórico local O Arco da Vella, ás 13:00 actuación de The Lioness Treasure Band (versións), degustación de cerveza artesá Augas Santas Brew e ás 18:00  horas...

leer más
Etiquetas:
04/12/2022

O 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Será na praza do Concello (en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón) 

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde. 

Dámoslle así a benvida a este tempo de alegría, familia e consumo. Haberá produtos de calidade e de proximidade. Tamén haberá actuacións musicais con Condensadores de Fluzo ás 12:30 horas e con Vida tola de Pajarito ás seis da tarde para o público infantil. Ambas son financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.