Primavera
Esta Semana Santa en Lourenzá haberá o Vilou Spring Fest, no que actuarán a orquestra Panorama e Grupo Beatriz; a oitava concentración de vehículos clásicos VespaFaba & Clásicos e o XV torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se recupera despois de non celebrarse durante a pandemia. Os tres eventos empezarán o día 6 de abril, Xoves Santo, e foron presentados conxuntamente nun acto que contou coa participación da alcaldesa, Rocío López, e representantes das organizacións das tres actividades.
A alcaldesa, Rocío López, anima “a toda a xente a que se achegue esta Semana Santa a Lourenzá porque temos unha programación moi completa, que aglutina desde o torneo de basket, no que participarán equipos de baloncesto feminino de toda España; haberá tamén concentración de vehículos clásicos; e moita festa, da man do Vilou Spring Fest,...
leer másO alcalde e a concelleira de Cultura de Foz, Fran Cajoto e Inés López, presentaron hoxe, xoves, a Primavera Cultural. Este programa de actividades que se vai desenvolver ata finais de maio inclúe a segunda parte do ciclo Teatro nas Parroquias, que “está en marcha desde novembro con actuacións das compañías de teatro afeccionado de Foz e continúa agora con máis teatro e monólogos profesionais”, explica López Couto.
O 12 de abril na Casa da Cultura focega haberá teatro infantil a cargo de Tarabelos. E o sábado 15 celebrarase a Festa do Berberecho no porto coa actuación da orquestra El Combo Dominicano. Ese mesmo día na Sala Bahía haberá un monólogo a cargo de Federico García. O domingo 16 en San Acisclo actuará o actor Pepo Suevos e o día 23 haberá teatro infantil na Casa da Cultura a cargo de Caxoto. A programación continuará o mércores 26...
leer másA XVII edición do Mercado de Primavera do Valadouro celebrarase este venres 24 e sábado 25 de marzo.
O venres 24 a partir das 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar o pregón inaugural a cargo da xornalista Susana López Montes e deseguido haberá unha demostración de música e baile en zocas coa Asociación Cultural Amado Lar, do Valadouro, e concerto de Caamaño&Ameixeiras .
O sábado 25 de marzo desde as 10:00 horas ata as 19:00 horas estarán abertos ao público os postos de venda do mercado situados na rúa Andrés López Palmeiro. Desde as 11:00horas os artesáns situados na praza de Santa María ensinarán os seus oficios enxebres: barro, cestos, zocas, fiadeira, ferro... E a esa mesma hora a batukada da Comparsa Os Fandangueiros realizará un pasacalles polas rúas de Ferreira. A partir das 12:00...
leer másDesde a Concellería de Cultura infórmase de que o prazo de inscrición de postos para participar no Mercado de Primavera remata o próximo 15 de marzo.
As bases que rexen a participación no devandito mercado están a disposición de todos/as interesados/as na web do Concello do Valadouro e na sede electrónica.
Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 982 57 15 16 en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
O colexio Juan Rey de Lourenzá, a terra natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, acolleu hoxe a presentación da nova edición de Primavera das Letras, o espazo virtual que a Real Academia Galega dedica ao público infantil. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica responsable do proxecto, Fina Casalderrey, visitaron o centro acompañados de Eva Mejuto e Lucía Cobo. A escritora e ilustradora asinan As cousas de don Paco, unha obra teatral infantil, para ler e para que representen os nenos e nenas, na que o lapis Donlapis, o reloxo Baldomero, a cámara de fotos Leica, a máquina de escribir Oliva e a lupa Guadalupa de Francisco Fernández del Riego son os encargados de achegar os nenos e nenas á figura do protagonista do vindeiro 17 de maio.
Alén da obra teatral, a páxina...
leer másA Concellería de Cultura ultima os detalles do XVII Mercado de Primavera que se celebrará o 25 de marzo.
Desde o Concello sinalan: “queda un mes... moi pouco tempo para o gran evento que levas esperando todo o ano: O Mercado de Primavera no Valadouro!!! Anímate, vai preparando as zocas, a indumentaria e as gañas de pasalo ben. Esperámoste o sábado 25 de marzo”.
O mercado, a tradición e a música serán os protagonistas da xornada.
O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acolle o 14 de abril, día de Xoves Santo, o festival Vilou Spring Fest, que ten como prato forte a actuación da orquestra Panorama, pero tamén participarán o grupo Nueva Fuerza e os DJ Billy e Dani Rego. Este evento está organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá. As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, xa están á venda en varios establecementos.
As actividades do Vilou Spring Fest comezarán coa 7ª Reunión Amigos de VespaFaba & Clásicos Lourenzá, que a partir das 09:00 horas terá unha xuntanza dos participantes no Cantón, ás 12:00 sairán para facer unha ruta, ás 13:00 horas haberá unha sesión vermú e ás 14:30 reuniranse nunha comida no restaurante Baos.
O festival musical arrancará ás 22:30 cos DJ Billy e Dani Rego, para as 23:...
leer másDesde a organización sinalan que “coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro domingo día 27 de marzo en Mondoñedo.
A partir das 12:00h da mañá na Alameda de Mondoñedo inícianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con xogos infantís a cargo da Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo con Raúl á fronte.
Arredor das 13:30h plantarase a árbore na Alameda, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas dedicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a tarde estarán expostos os debuxos participantes no “X Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro...
leer másOs edís nacionalistas do Concello do Valadouro, Eduardo Chao (área de cultura) e Eliseo Teijeiro (área de deportes) presentaron ao público o ambicioso programa do Mercado de Primavera de 2022.
Despois de dous anos de parón por mor da pandemia COVID-19, o concello do Valadouro a través da concellería de cultura volve a organizar o tradicional Mercado de Primavera que nesta ocasión contará con máis de 60 postos entre os que se contará con numerosas demostracións de oficios tradicionais, pero tamén se contará con varios postos de alimentación e artesanía.
O acto principal da xornada consiste na recuperación dun mercado tradicional como os que deron a orixe a principios do século pasadoávila de Ferreira, pero tamén se contará con varios actos e complementos para dar variedade á xornada.
Deste...
leer másDentro das actividades do XV Mercado de Primavera o Concello de O Valadouro organiza un concurso de decoración de zonas con dúas categorías: adultos e infantil (ata 12 anos de idade). Haberá premios para gastar no comercio e hostalería local.
Os participantes teñen que subir a foto da zonas ou zocos decorados ao seu Facebook ou Instagram co cancelo #MercadoPrimavera2021 e etiquetar ao Concello do Valadouro tanto en Facebook como en Instagram.
O prazo para subir as fotos remata o día 25 de marzo ás 23:59 horas. E o fallo do xurado publicarase o 27 de marzo ás 19:00 horas.