O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle os días 5 e 6 de maio o II Ciclo Sintonías de Primavera.

O Teatro Pastor Díaz acolle mañá, venres, e o sábado a segunda edición do “Ciclo Sintonías de Primavera”, organizado pola Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro coa colaboración do Concello de Viveiro a través da Concellería de Ensino.

As actuacións das diferentes bandas dividiranse en dous días cunha primeira xornada na que levantará o pano a Banda da Escola Municipal de Oleiros, a partir das 19:30 horas, seguida da Banda de Música ‘O Landro’ de #Viveiro.

O sábado será a quenda da Banda de Música de Celanova a partir das 18:30 horas. 

“Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar desta dobre xornada de música en directo da man de tres bandas que amosarán o seu talento sobre o escenario. Trátase dun plan perfecto para un fin de semana de lecer”, subliña Jesús Fernández, tenente de alcalde do Concello de Viveiro. 

A entrada ao Teatro Pastor Díaz é libre ata completar aforo.