Bretoña

14/02/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta de Maeloc, no municipio lucense de Bretoña, o día 22 de febreiro, domingo. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade baixa, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 19 de febreiro.

Etiquetas:
24/11/2024

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 8 de decembro, domingo, a ruta de Maeloc, en Bretoña (A Pastoriza). A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 4 de decembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e destaca que nese percorrido gozarán dunhas vistas magníficas xa que subirán ao alto de Carracedo.