Audicións

Etiquetas:
19/03/2024

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. 

A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”.

Dende esta semana e ata o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de dez audicións, dirixidas a toda a cidadanía. A audición de vento madeira este mércores, 20 de marzo, no Teatro será a primeira actividade á que seguirán a audición do alumnado de percusión (22 de marzo - Escola),...

leer más
Etiquetas:
28/02/2024

A Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, ofrece audicións desde este mércores, 28 de febreiro, ata o luns 4 de marzo. Todas elas terán lugar no salón de actos do Cenima ás 20:00 horas

O mércores será de piano, o xoves 29 de febreiro estará dedicada a vento metal e percusión, o venres 1 será de vento madeira e violín e o luns 4 rematarán con guitarra.

 

Etiquetas:
21/03/2023

A Escola Municipal de Música de Danza de Ribadeo continúa coa programación anual a través das clásicas audicións que dará comezo mañá, 22 de marzo, e rematarán o 1 de xuño. 

Hugo García, responsable do centro, explica que “a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. Tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”.

Dende esta semana e ata o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de dez audicións, dirixidas a toda a cidadanía. A audición de...

leer más
Etiquetas:
28/03/2022

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. Están programadas nove ata o mes de xuño. 

“Consideramos que estamos en condicións de manter unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa máxima precaución, pero entendemos que debemos continuar coas actividades previstas con certa normalidade”, apunta Hugo García, responsable da Escola. “Tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”, engade.

... leer más
Etiquetas:
17/02/2022

O vindeiro martes, 22 de febreiro, ás oito da tarde terá lugar unha audición de frauta na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Orquestra.

O director do centro, Xan Carballal, comenta que “a actividade enmárcase dentro da programación deseñada para o presente curso académico 2021-2022”.

E o mércores, día 23, haberá unha audición de vento metal ás 19:30 horas. 

Etiquetas:
07/06/2021

Este mércores, 9 de xuño, a Escola Municipal de Música de Burela, continuando coas actividades de aula, ofrecerá un concerto de alumnos nas especialidades de metal e percusión, “onde se interpretarán obras de diferentes estilos e apropiadas para os niveis do alumnado do centro”, segundo explica o director da escola, Xan Carballal.

A audición de vento, metal e percusión terá lugar ás 19 horas. 

Etiquetas:
28/04/2021

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo recupera as actividades con público a través das clásicas audicións de primavera que impulsa o centro. A primeira será mañá, 29 de abril. 

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. As deste curso 2020-2021 son, se cabe, máis especiais que as doutros anos xa que serán as primeiras actividades con público que leve a cabo a EMMeD dende o inicio da pandemia da covid-19. 

O responsable da Escola, Hugo García, sinalou: “consideramos que estamos en condicións de recuperar unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa...

leer más
Etiquetas:
29/03/2019

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 1 e 5 de abril ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes 2, de música tradicional, que será no Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.

O luns, 1 de abril, será a audición de piano; o día 2 a de música tradicional; o día 3 a de clarinete, frauta e saxofón; o xoves, 4 de abril, será a audición de guitarra e o venres a de percusión. 

 

Etiquetas:
21/04/2018

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 23 e 26 de abril ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes, día 24, de música tradicional, que será no Teatro.

A entrada ás mesmas é gratuíta.

O luns será a actuación da sección de guitarra, o martes de música tradicional, o mércores de clarinete e saxofón e o xoves de vento metal. 

 

Etiquetas:
06/05/2017

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova queda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 8 e 12 de maio ás 20:00 horas na propia Escola, agás a do mércores día 10, de clarinete e saxofón, que será no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.

-Luns 8 de maio – Canto (Escola).
-Martes 9 de maio – gaita e Percusión Tradicional (Escola).
-Mércores 10 de maio – Clarinete e Saxofón (Cine-Teatro).
-Xoves 11 de maio – Guitarra (Escola).
-Venres 12 de maio – Piano (Escola).