Folión

19/06/2018

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Folión de San Xoán na noite do sábado, 23 de xuño.

A festa dará comezo ás 21:30 horas no parque Concepción Arenal de Ferreira.

Os organizadores invitan a tod@s a participar levando todo o que se teña pola casa que non se utilice, que non contamine e se queira queimar, para botar á fogueira de xeito que se faga o folión entre todos os asistentes. Tamén haberá sardiñada popular.

Colabora co Concello de O Valadouro a asociación cultural Amado Lar.