San Xoán

19/06/2023

A Pontenova celebrará o San Xoán con fogueira e festa no Forno de Boulloso este venres, 23 de xuño.

As actividades empezarán de 19:00 a 21:00 horas cunha xornada de portas abertas para @s máis pequen@s no bosque infantil do Boulloso. Ás 21:30 horas haberá un concurso de tortillas e entre todas as que se presenten un xurado popular elixirá as dúas mellores, que serán premiadas cunha cea para dúas persoas, no Lar de Balbina e no San Briz. E ás 22:00 horas degustaranse as tortillas presentadas ao concurso ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.

Haberá servizo de bar e música e actuación musical a cargo de A Chocolateira.

Este evento está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas e polo Concello da Pontenova.

 

15/06/2022

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.

Villares quixo loubar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.

Pola súa banda, Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.

Etiquetas:
26/05/2022

A asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.

A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.

A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

 

25/05/2022

A asociación do barrio dos Muíños, de Mondoñedo, e a asociación cultural O Pasatempo organizan o Foleón de San Xoán na noite do 23 de xuño.

O programa dará comezo ás 17:00 horas con actividades para nen@s nas que haberá colchonetas inchables. Ás 21:30 horas comezará a cea e ás 23:00 h. celebrarase verbena co Dúo Epo-K e actuación de DJ. Ás 00:00 horas procederase ao acendido do foleón.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Mondoñedo e Puzzle Animación.

Etiquetas:
12/05/2022

As festas na honra a San Xoán Bautista en Covas darán comezo o día 23 de xuño coa verbena amenizada pola orquestra Miramar e o grupo Arizona. 

O venres 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro e despois sesión vermú coa orquestra Trébol. Ás 22:30 horas terá lugar a verbena coas orquestras Trébol e Acordes.

O sábado 25 ás 11:00 horas comezará o pasarrúas con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Suavecito e, ás 20:00 horas, gran sardiñada no Campo da Pascua. Ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Suavecito e Magos.

As festas rematarán o domingo 26 que será o Día do Neno. Dende as 17:00...

leer más
Etiquetas:
19/06/2020

A Concellería de Medio Ambiente ven de publicar un Bando no Taboleiro de Anuncios do Concello para informar sobre a realización das fogueiras e cacharelas do San Xoán, sobre o seu réxime de autorización, que este ano está condicionado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19. Toñi Eijo anuncia que non estarán permitidas aquelas de concorrencia pública e con carácter de actividade recreativa na vía pública ou en parcelas privadas. Só contarán con autorización as que se celebren en fincas privadas e teñan carácter familiar e privado. 

A edil burelesa explica que “como consecuencia das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia en virtude do seu Decreto 90/2020, do 13 de xuño, e o Acordo do seu Consello de 12 de xuño de 2020, no ámbito da nosa comunidade autónoma, non se poderá celebrar ningunha verbena, festa ou evento...

leer más
Etiquetas:
18/06/2020

O Concello de Cervo ven de ditar o bando polo que autoriza a celebración das fogueiras de San Xoán soamente para as cacharelas privadas. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño, ás 00:00 horas.

O bando recolle que “para a celebración das fogueiras en terreos de propiedade privada deberá presentarse comunicación previa da actividade, segundo o modelo oficial que figura na páxina web do Concello, www.concellodecervo.com. As fogueiras, en terreos de propiedade privada promovidas exclusivamente por particulares, cumprirán en todo momento coa normativa en vigor relativa ás medidas de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, concretamente ao número de persoas que se poidan xuntar para a celebración, as medidas de hixiene...

leer más
Etiquetas:
17/06/2020

O Concello, de maneira excepcional para este ano 2020, soamente autorizará as fogueiras de San Xoán e San Pedro en propiedades privadas. Queda totalmente prohibido a celebración das mesmas en espazos públicos. O prazo para solicitar permisos para as fogueiras de San Xoán remata o 22 de xuño ás 13:00 horas e para as fogueiras de San Pedro o 26 de xuño tamén ás 13:00 horas.

O alcalde, Fernando Suárez, comentou que “publicamos este bando sobre as fogueiras de San Xoán e San Pedro co ánimo de explicarlle a toda a cidadanía que sigue aberto o prazo para solicitalas pero que neste ano, por mor da crise sanitaria do Covid-19, de forma excepcional soamente imos autorizar a celebración de fogueiras en propiedade privada, quedando totalmente prohibida a realización das mesmas en espazos públicos, como tradicionalmente ven sucedendo noutros anos”....

leer más
20/06/2019

A asociación A Rebolaxe organiza a Festa de San Xoán en San Ciprián o 23 de xuño.

O programa de actividades dará comezo ás 13:00 horas con Mi rollo es el rock en sesión vermú. A partir das 19:00 horas haberá xogos tradicionais para nen@s e adult@s e ás 19:30 horas poderá degustarse chourizo, panceta e salchichas.

Ás 20:30 horas actuará Cacharela; ás 22:00 The Lazy Bones, e ás 24:00 horas dará comezo a fogueira. Ao longo da tarde celebraranse sorteos dun circuíto spa, Cd´s de Sés e de Lazy Bones e un xamón. Haberá aparcamento no estanco da praia do Torno.

Colaboran na organización: Concello de Cervo e Deputación de Lugo.

Etiquetas:
16/06/2019

A parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas de San Xoán os vindeiros días 22 e 23 de xuño.

O sábado 22 ás 13:30 horas, haberá misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra La Favorita. Ás 23:00 horas celebrarase a verbena amenizada pola orquestra La Favorita e o Grupo Fénix.

O domingo 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz. Posteriormente celebrarase a procesión e a sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena a partires das 22:00 horas.

Organiza a asociación cultural O Atrio coa colaboración do Concello de Foz e Bar O Castro.