Vilaronte

Etiquetas:
01/12/2023

O alumeado de Nadal de Vilaronte, parroquia do municipio de Foz, será inaugurado este domingo, 3 de decembro, ás 19:00 horas no atrio da igrexa de Vilaronte.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural O Atrio, que anuncia: “despois do acendido para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación do grupo Mar Aberto, de Foz, e haberá caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Tamén teremos sorteos e estade atentos porque ese día acontecerá algo que non pasa en Vilaronte dende 1986. Estamos seguros que vos gustará a tod@s, sobre todo aos máis peques”.

Este evento conta colaboración do Concello de Foz.

Etiquetas:
27/01/2023

O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a súa obra O Terapeuta en Vilaronte o día 5 de febreiro, domingo, en Vilaronte.

Esta actividade cultural será no local da asociación cultural e deportiva O Castro, de Vilaronte, ás 19:00 horas.

Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación O Castro.

 

Etiquetas:
24/04/2022

A asociación cultural O Atrio, de Vilaronte, organiza o I Mercado de Produtos Locais Aos pés de Cornería. Será o 8 de maio no atrio da igrexa. O Concello de Foz colabora.

Ás dez da mañá procederase á apertura do mercado. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas a cargo de grupos tradicionais. Para as 12 está prevista unha charla sobre as novas pragas na agricultura, que será impartida polo biólogo Suso Blanco García, que é o xerente de Agromar, en Foz. 

Xa ás 13:00 horas haberá sesión vermú amenizada por un dj. E non faltará o polbo á feira servido pola Pulpería Maciñeiras. As actividades seguirán ás 16:30 horas con Tardeo que te veo. 

 

18/08/2021

A parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, celebra o XLVI Festival do Emigrante este sábado, 21 de agosto. Da organización encárgase a asociación cultural O Castro, de Vilaronte, que explica que “o ano pasado non puido ser, este tampouco vai ser coma sempre, pero esperamos que o disfrutedes o mellor posible dada a situación actual; nós vamos poñer todo da nosa parte para que así sexa”.

As actividades comezarán ás 9 da mañá coa ruta de Cornería, con saída desde o local da asociación cultural o Castro. Ás 13 horas haberá misa na honra dos emigrantes falecidos e ofrenda floral, na igrexa parroquial de Vilaronte. Despois terá lugar unha sesión vermú amenizada por Acordeonistas da Mariña.

Ás 17:30 horas haberá xogos populares para todos, con tiro da corda, sacos bolos, etcétera. E rematarán os actos ás 20:30 horas...

leer más
Etiquetas:
09/01/2021

O vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas no local da asociación Castro de Vilaronte, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, organiza unha gala solidaria para recadar fondos para Cáritas. O colectivo representarán a obra "Vaia faena, a corentena", unha historia baseada en feitos reais ocorridos durante o confinamento polo Covid-19. 

Respectaranse a medidas de seguridade pola pandemia, polo que haberá prazas limitadas. Haberá que reservar chamando ao teléfono 636664210.

 

Etiquetas:
16/09/2019

A Pomba do Arco, O Castro, O Atrio e a Asociación de Veciños de Vilaronte organizan o 28 de setembro un roteiro por Vilaronte co obxectivo de divulgar os elementos de relevo do seu patrimonio e da súa historia.

A viaxe arrancará as 16:00 do Campo da Feira da Espiñeira, visitando a continuación, entre outros espazos , as antigas minas romanas de ouro, as vellas caleiras, as antigas fabricas de Damían López, as expresións da arquitectura indiana, a igrexa e o castro.

A actividade continuará ás 19:00 h no local da asociación O Castro, coa proxección do filme Riquezas Lucenses, gravado en Vilaronte en 1946, e que recolle escenas dos traballos desenvoltos nos serradoiros de Damían López e dos seus traballadores.

As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise...

leer más
Etiquetas:
16/06/2019

A parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas de San Xoán os vindeiros días 22 e 23 de xuño.

O sábado 22 ás 13:30 horas, haberá misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra La Favorita. Ás 23:00 horas celebrarase a verbena amenizada pola orquestra La Favorita e o Grupo Fénix.

O domingo 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz. Posteriormente celebrarase a procesión e a sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena a partires das 22:00 horas.

Organiza a asociación cultural O Atrio coa colaboración do Concello de Foz e Bar O Castro.

 

Etiquetas:
11/02/2019

O local da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte, acollerá o estreo da obra titulada Un divorcio no pobo, do grupo de teatro Axóuxeres, desta mesma parroquia focense. Será o día 23 deste mes, sábado, ás 21:00 horas.

A obra está dirixida por Benito García Bolaño e a súa estrea en Vilaronte está organizada pola Asociación Cultural O Castro coa colaboración do Concello de Foz.

 

Etiquetas:
29/12/2018

A parroquia focense de Vilaronte acollerá un acto solidario o día 4 de xaneiro, venres, e a 56ª edición da Cabalgata de Reis ao día seguinte. Son actividades organizadas pola asociación cultural O Castro, de Vilaronte, coa colaboración do Concello de Foz.

No acto solidario do venres 4 de xaneiro ás 21:00 horas no local da asociación cultural O Castro actuarán o grupo musical Mar Aberto e a compañía teatral Axóuxeres. O recadado destinarase a apoiar as sesións de movemento ABM-París que realiza a nena Lua Auel Rougier Pedreira.

E ao día seguinte, o sábado 5, celebrarase a Cabalgata de Reis de Vilaronte, que cumpre á súa 56ª edición. Os Magos de Oriente chegarán ao local da asociación cultural O Castro ás oito e media da tarde.