Pazos

Etiquetas:
25/06/2026

O Concello de Alfoz anuncia que continúa “apostando pola posta en valor do seu patrimonio histórico, cultural e natural coa organización dun novo roteiro dentro do programa Polos Camiños do Mariscal, unha iniciativa que busca achegar á veciñanza e ás persoas visitantes os recunchos máis emblemáticos do municipio”. Nesta ocasión a actividade, titulada Roteiro Pazos e Lugares Senlleiros, celebrarase o sábado 4 de xullo, cun percorrido de aproximadamente 6 quilómetros e de dificultade baixa, pensado para que poida ser desfrutado por persoas de todas as idades.

“Ao longo do itinerario, as persoas participantes terán a oportunidade de descubrir distintos pazos, espazos naturais e elementos singulares da historia de Alfoz, coñecendo de primeira man o legado patrimonial que caracteriza o concello”, explica o Concello de Alfoz,...

leer más