Roteiro
Desde a organización explican que “coa intención de coñecer e recuperar a ruta do antigo Camiño Real que levaba ata Compostela, organízase este roteiro para o vindeiro 21 de maio. O recorrido é o seguinte:
Ourol, saída ás 9 horas cara a Loibán, pasando por Sabucedo e subindo por Sebrán ata o Foxo, seguindo pola Gañidoira, Bestemuz e baixanado ata Muras”.
E engaden que “rematará a xornada cun xantar (previa anotación) no restaurante Santi en Muras. Si estás interesado en participar podes chamar ao teléfono do concello 982 559109”.
E lembran que “e preciso traer calzado axeitado e moitas ganas de gozar dun día en plena natureza”.
Na organización participan a asociación Camiño Real, a asociación cultural Roteiros da Carba e tamén os Concellos de Ourol, Muras e...
leer másDesde Turismo de Barreiros explican que “o percorrido audio guiado O Barreiros dos nosos antergos permitirache somerxerte na realidade da nosa historia máis recente e nos detalles do noso patrimonio. Trátase dunha homenaxe aos seus promotores que, con tanto agarimo, planificaron cada elemento decorativo e/ou funcional, moitos deles cun gran simbolismo”.
E engaden: “podes seguilo apoiándote nas funcionalidades do Google Maps. Preferiblemente en bicicleta. Atoparás o enlace na BIO ou na sección de Sendeirismo da web https://concellodebarreiros.gal Barreiros queda en ti”.
O 23 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a primeira das visitas didácticas iniciadas o ano pasado desde a Área de Turismo Municipal e incluídas no Plan Único da Deputación Provincial.
Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído, se coñecerá tamén a importancia da industria téxtil de Alfoz no século XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC.
Para asistir é necesaria inscrición previa no teléfono 982 558 001 (ext.3) ou na Oficina de Rexistro da Casa do Concello desde o 13 ao 22 de outubro. Prazas limitadas. Actividade de balde. Máis información no mesmo teléfono na extensión 2.
A Pomba do Arco, O Castro, O Atrio e a Asociación de Veciños de Vilaronte organizan o 28 de setembro un roteiro por Vilaronte co obxectivo de divulgar os elementos de relevo do seu patrimonio e da súa historia.
A viaxe arrancará as 16:00 do Campo da Feira da Espiñeira, visitando a continuación, entre outros espazos , as antigas minas romanas de ouro, as vellas caleiras, as antigas fabricas de Damían López, as expresións da arquitectura indiana, a igrexa e o castro.
A actividade continuará ás 19:00 h no local da asociación O Castro, coa proxección do filme Riquezas Lucenses, gravado en Vilaronte en 1946, e que recolle escenas dos traballos desenvoltos nos serradoiros de Damían López e dos seus traballadores.
As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise...
leer másMariña Patrimonio organiza un roteiro polo patrimonio civil e relixioso de Viveiro. Será o vindeiro sábado, 13 de outubro.
Nesta visita contarase coa colaboración de Carlos Nuevo e percorreranse os edificios relixiosos das igrexas de Santa María e San Francisco, o casco histórico da vila e a contorna de Chavín. O horario será de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas.
As persoas interesadas deben comunicalo con anterioridade (data límite este luns 8 de outubro). O mércores 10 informaráselles do importe da actividade, en función das opcións elixidas.
O prezo para os socios é 3 euros e para os non socios 13€. En ambos casos serían 15€ co xantar.
Mondoñedo celebra o Día de los Pueblos Máis Bonitos de España, que ten lugar mañá luns, día 1 de outubro, coa posta en marcha de audioguíasficcionadas. Así o adianta a alcaldesa da localidade, Elena Candia, quen explica que a entidade local vén de adquirir 30 MP4 e 30 cascos illantes para garantir a calidade do sistema e así escoitar as historias e os sons con total nitidez e sentirse totalmente inmerso na experiencia. O importe destes equipos foi duns 1.700 euros.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense encargou á Compañía Teatral Chévere o deseño e elaboración destes aparatos para as tres vilas porta de acceso á Mariña Lucense: Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo.Trátase de dispositivos que desenvolven historias personalizadas e adaptadas a cada destino, realizadas tras un coidadoso proceso de documentación para identificar sucesos,...
leer másAs asociacións Mariña Patrimonio e Fervenza de Sargadelos, coa colaboración do Concello de Cervo, organizan dous roteiros polo municipio cervense. A finalidade é dar a coñecer o entorno natural, paisaxístico e cultural, así como xacementos arqueolóxicos e outros restos de antigas construcións.
O primeiro deles será o vindeiro 30 de setembro de mañá. A ruta comezará cunha interpretación do Castro de Rueta. Despois collerase o sendeiro que vai desde a praia pola beira do río Xunco, no que se encontrarán diversos muíños, para rematar no conxunto histórico de Sargadelos. O prazo para anotarse remata o día 26.
O segundo realizarase o 27 de outubro e durará toda a xornada. A Fraga de Trasbar, de grande diversidade ecolóxica e medio ambiental para alén de se encontraren restos de carboeiras, será o punto de inicio da...
leer másO Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, presentou un ciclo de cinco roteiros que o Goberno da Deputación organiza en colaboración co diario dixital Historia de Galicia, para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e histórico da provincia de Lugo. No acto tamén participaron Xurxo Salgado, Coordinador do portal web Historia de Galicia e do proxecto Rutas de Historia, e Manuel Miranda, Presidente de Mariña Patrimonio.
O Executivo Provincial achega 4.500 euros para poñer en marcha esta iniciativa, que pretende achegar á cidadanía o patrimonio oculto que atesoura a provincia de Lugo, promovendo ao mesmo tempo o turismo activo e dinamizando a economía do rural lugués.Esta colaboración permitirá desenvolver cinco rutas de sendeirismo durante os meses de setembro e outubro, que transcorreran polos concellos de Xove,...
leer másMariña Patrimonio organiza un desprazamento a Lourenzá o día 4 de agosto para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila e dos seus vales. Para a ocasión contarase cun guía especializado, e ademais vanse xestionar as visitas guiadas ós edificios relixiosos (igrexas de Sto Adrano, Sto Tomé, S. Xurxo, mosteiro de S. Salvador, así como ao pazo de Tovar (incluídas as entradas).
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, poderíase facer o desprazamento en bus con traxecto Viveiro - Foz - Lourenzá (con paradas intermedias), opción máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita.
Para máis información e para anotarse visitar o blog de Mariña Patrimonio na seguinte ligazón: https://mrpatrimonio.blogspot.com
Mariña Patrimonio organiza unha visita guiada a Mondoñedo o día 16 xuño para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila. Para esta actividade, grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, “contaremos cunha guía que nos acompañará durante o percorrido”, explican os organizadores.
E engaden que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus, con traxecto Viveiro - Foz - Mondoñedo (con paradas intermedias). As persoas interesadas teñen de prazo límite para apuntarse ata o luns 11, para termos tempo de contratar o bus e de facermos a reserva do xantar. Farano a través do correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan. En caso de non haber suficiente xente...
leer más