Minas

Etiquetas:
29/11/2021

 A ACD As Minas organiza la décimo cuarta edición do Festival das Minas, en A Pontenova, que se celebrará o 11 de decembro.

O programa de festexos dará comezo ás once da mañá coa apertura e visita da Mina consuelo para espeleólogos federados. O número de prazas é limitado.

Ás 21:00 horas haberá unha churrascada popular ao prezo de 16 euros. As prazas son limitadas. A xornada rematará coas actuacións musicais, a partir das once de noite, de La Movida, Eco das Minas e DJ Local. Aplicaranse as medias covid e os aforos serán limitados.

Colaboran na organización deste evento: Concello de A Pontenova e Deputación de Lugo.

Etiquetas:
06/04/2015
O arqueólogo Santiago Ferrer impartirá o 11 de abril en Riotorto unha conferencia sobre "Minas romanas". Está organizada por Arrincadeira e Mariña Patrimonio.
 
Desde Mariña Patrimonio e Arrincadeira sinalan que "como é sabido o noroeste peninsular é unha zona rica en ouro. Xa antes da romanización os pobos indíxenas explotaban este codiciado metal e coa chegada do invasor romano produciuse un cambio rotundo ao converter a minería nunha auténtica actividade industrial, que provocou a transformación do territorio e cuxas pegadas chegaron até hoxe". E engaden que "Riotorto é un concello coñecido polos seus ferreiros e sábese que houbo minería de ferro até non hai moito tempo; tamén se ten documentación de explotacións mineiras moi antigas que, segundo os indicios, poderían remontarse a época romana. Para falar sobre as explotacións mineiras en época romana contaremos co arqueólogo Santiago Ferrer o próximo sábado, 11 de abril, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa de...
leer más