A Pontenova inaugura a nova Ruta das Minas o 21 de xaneiro

O Concello da Pontenova organiza unha actividade para inaugurar a nova Ruta das Minas o 21 de xaneiro, domingo.

A xornada comezará ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, onde se repartirán bolos preñados e auga. Ás 10:00 horas será a saída dos sendeiristas cara ó comezo da ruta. Par as 12 do mediodía está previsto o reagrupamento dos participantes nas Penas do Castelo. E o remate da andaina está programado para ás 14:00 horas.

A ruta ten unha distancia de 5,6 quilómetros con unha dificultade media alta. E a organización recomenda que os participantes leven calzado de trekking, bastóns e roupa cómoda así como unha pequena bolsa ou mochila para a comida.

A inscrición é gratuíta e debe facerse antes do 19 de xaneiro a través do correo electrónico turismo@concellodapontenova.org ou dos teléfonos 982.342.101 ou 697.532.809.