Porto
Este venres, 14 de xuño, darán comezo os Concertos de Primaveira en Foz.
O venres actuará o grupo Desenchufados cun repertorio no que inclúen éxitos de sempre.
O sábado, 22 de xuño, ofrecerá un concerto Kentakis cunha mestura de diferentes estilos musicais.
E o venres, 28 de xuño, pechará este ciclo El Mercado de Rosen nun tributo ao cantante Rosendo.
A cita está organizada por varios establecementos hostaleiros do porto.
O Concello de Foz colabora na organización das primeiras Xornadas de Pesca con Señuelos que terán lugar os días 11 e 12 de marzo e que hoxe foron presentadas no Cenima. Este evento, promovido pola asociación A Ribeira, abordará as técnicas nas modalidades de jigging e spinning e na súa organización tamén colaboran o Centro Comercial Aberto de Foz e a Deputación de Lugo.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, sinalou que “é unha iniciativa nova, diferente, sobre a pesca deportiva. Son diferentes técnicas que veñen moi ben, posto que cremos que o futuro nas nosas instalacións do noso pobo referente á pesca, eu entendo que é a náutico deportiva, pola que hai que apostar. Estamos rodeados de varios portos pesqueiros que xa cobren outro tipo de variedades. A pesca deportiva é algo ao que moitos dos nosos veciños se están dedicando a modo...
leer más
Mañá sábado, 23 de maio, ás 12.00 da mañá fronte ás oficinas do Real Club Náutico de Ribadeo, e organizado por esta entidade, haberá un insólito espectáculo musical a cargo dos tripulantes do barco da organización Floodtidemusic, que imitan cos seus ritmos os sons das mareas.