Billarda

Etiquetas:
29/06/2025

O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza o III Aberto A Carón da Lúa. Será na Praza dos Fornos o día 5 de xullo, sábado.

As actividades comezarán ás 16:00 horas cun obradoiro de billarda; ás 17:30 horas haberá Xogos Billardeiros e desde as 22:00 horas terá lugar o Aberto A Carón da Lúa.

Pero non só haberá billarda, anuncian os organizadores, porque ás 20:00 horas “no marco do programa Tradigalu, da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, contaremos ca actuación do Cuarteto Tradicional Illa Pancha. Estes catro artistas agasallarannos co seu mellor repertorio de música tradicional e prometen facernos bailar ata ó esgotamento. Así que, xa sabedes, preparade o voso mellor calzado de baile que imos sacarlle brillo á Praza dos Fornos”. E tamén explican que “@s compañeir@s de A...

leer más
17/10/2024

O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza a décimo terceira edición do Aberto do Ferro este domingo, día 20 de outubro, desde as 11 da mañá no Campo da Mina.

“Lembrade que este vindeiro domingo día 20 , volta a Liga Nacional de Billarda á Pontenova. Agardámosvos no Campo da Mina para disputar o XIII Aberto do Ferro . Se queredes formar parte desta tolemia indíxena non faltedes á cita. Se queredes participar tedes que estar alí antes das 11:00 horas. Atrévete a probar!”, anuncia o club Troitas Bravas.

 

Etiquetas:
09/12/2023

O domingo 17 de decembro desde as 11:00 horas disputarase o Aberto de Billarda Vila de Ribadeo no campo de Outeiro, que está na parroquia ribadense de A Devesa.

Esta competición é a quinta xornada da LNB Norleste e a Concellería de Deportes ribadense anima “a todos os afeccionados a este deporte tradicional a asistir e coñecer ós mellores xogadores da zona”.

 

Etiquetas:
16/10/2023

O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza a décimo segunda edición do Aberto do Ferro para este domingo, 22 de outubro. A competición desenvolverase no Campo da Mina a partir das 11 da mañá.

Os organizadores do evento din: “Tentaremos ter outro récord de participación! A ver si o conseguimos. Non faltedes!”.

 

Etiquetas:
30/09/2022

Este domingo, día 2 de outubro, no Campo da Mina, da Pontenova, disputarase a décimo primeira edición do torneo de billarda Aberto do Ferro, que é a segunda xornada da tempada da LNB.

Este evento deportivo, que organiza o club de billarda Troitas Bravas, de A Pontenova, celebrarase a partir das 11 da mañá.

 

Etiquetas:
26/06/2015
Este sábado, 27 de xuño, celébrase en Ribadeo o primeiro Festival da Billarda Eroski 2015.
 
Será a partir das 16 horas na explanada do Hipermercado Eroski. Alí haberá un taller de iniciación impartido por membros da Liga Nacional de Billarda, concurso de varados e triplas, aberto de xamón e taller e aberto de Liriu. Na cita non faltarán os premios sorpresa. 
A cita está organizada pola Liga Nacional de Billarda, a ACD O Varal e o Hipermercado Eroski Ribadeo.