Aberto

Etiquetas:
09/12/2023

O domingo 17 de decembro desde as 11:00 horas disputarase o Aberto de Billarda Vila de Ribadeo no campo de Outeiro, que está na parroquia ribadense de A Devesa.

Esta competición é a quinta xornada da LNB Norleste e a Concellería de Deportes ribadense anima “a todos os afeccionados a este deporte tradicional a asistir e coñecer ós mellores xogadores da zona”.

 

Etiquetas:
18/05/2023

A Delegación de Xuventude volve co programa Aberto x Vacacións. Desde o Concello focego sinalan que “o verán en Foz é sinónimo de diversión, e deso sabemos moito en Aberto x Vacacións”.

O programa está destinado a nenos e nenas nados/as entre os anos 2011 e 2019, de luns a venres. Con horario de 10:30 a 13:30 horas “e se es das/os que madrugas, con Plan Érguete, a partir das 9 da mañá”.

Haberá actividades no CEIP O Cantel, na praia, roteiros,…

A preinscrición está aberta ata o 31 de maio.

Etiquetas:
25/05/2021

A concelleira de Xuventude, Gemma Méndez Leivas, anuncia a apertura do prazo de inscrición do programa Aberto x Vacacións.

Os nenos e nenas, entre 3 e 12 anos, que desexen pasar as mañás máis divertidas nos meses de xullo e agosto, xa poden facer a súa pre inscrición. 

Gemma Méndez subliña que “deberemos continuar con precaución e seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, con limitacións de aforos, dalgunhas actividades,... como o fixemos na edición 2020. Pero xa sabemos que non serán impedimento para pasalo en grande. A pre inscrición pode realizarse por quendas e o prazo estará aberto ata o vindeiro 8 de xuño”. 

E engade: “terán prioridade aqueles nenos/as cuxos proxenitores traballen, así como familias monoparentais ou monomarentais na mesma situación e os/as menores...

leer más