A Medela
A Asociación Equina A Medela, de Xove, organiza a súa 27ª Ruta Cabalar este domingo, día 15 de marzo.
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa saída desde o Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) e a media ruta haberá pinchos para os participantes. Ás 14:30 horas empezará un xantar na carpa situada no Campo da Igrexa de Sumoas, que estará amenizado por un grupo musical. Tamén haberá sorteo de agasallos entre os asistentes á ruta. Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo está aberto ata este mércores, 11 de marzo.
Nesta actividade colabora o Concello de Xove.
Este martes foi presentada a vixésimo sexta edición da ruta cabalar que vai ter lugar o vindeiro domingo, día 16 de marzo, por diferentes paraxes do concello de Xove e que cada ano organiza a Asociación Equina A Medela. No acto participaron o presidente da asociación, Leandro Quelle, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Gandería e Montes, María Dolores Meitín.
As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha ruta que sairá do campo da igrexa de Sumoas, onde ás 14:30 horas terá lugar un xantar. Tamén haberá sorteo de agasallos.
Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 13 de marzo.




