Folclórica

30/08/2023

O Valadouro celebrará a XXXIII Mostra Folclórica o vindeiro sábado, 2 de setembro, na Praza de Santa María ás 20 horas. O evento está organizado pola asociación cultural Amado Lar. Ademais contan coa colaboración do Concello do Valadouro.

Na mostra participarán a asociación organizadora, orixinarios da zona, así como a asociación cultural Antaruxas e Sorteiros, chegados directamente da Fonsagrada.

Etiquetas:
31/07/2022

Outro dos grupos participantes nesta 42ª edición da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, o Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), ademais da participación na Gala Internacional do domingo 7, o sábado 6 de agosto ás 22:00 horas no escenario da Praza Maior de Viveiro, ofrecerá o espectáculo Especial Arxentina. 

Trátase dun repertorio composto por obras de diferentes rexións e épocas como a Pampa Arxentina, Estampa de pampa e ceo, Antoloxía do Tango, Carnaval Coya, entre outras, que amosan con detalle cada cal co seu vestiario, as súas danzas, os seus sons, o seu sentir.... O Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), provén da cidade de xeral Pacheco, partido de Tigre, provincia de Buenos Aires. 

É un dos ballets mais importantes de Arxentina. Creado en 1966 polo matrimonio formado por María...

leer más
Etiquetas:
23/07/2022

Dende a Asociación Bágoas da Terra continúan cos preparativos da XLII Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, que este ano se retoma do 1 ó 8 de agosto, cos días fortes entre o xoves e domingo, tras dous anos de parada obrigatoria pola pandemia, despois de celebrarse ininterrompidamente dende o ano 1979. 42 edicións dun festival punteiro de recoñecemento Internacional pertencente a CIOFF integrada na ONU-UNESCO do que Bágoas da Terra e Viveiro senten orgullo.

Bágoas da Terra volta con forza na organización desta edición da Mostra, que incluirá dúas exposicións moi interesantes relacionadas co Camiño de Santiago, unha delas denominada “A Memoria do Son” ca réplica dos instrumentos do Pórtico da  Gloria da Catedral de Santiago, na que por medio de códigos QR poderase escoitar cada un dos antigos instrumentos. O que será unha actividade...

leer más
Etiquetas:
23/05/2020

La asociación Bágoas da Terra, organizadora de la Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, conjuntamente con la alcaldesa María Loureiro, anunciaron su decisión de aplazar a 2021 la XLII edición de este evento que estaba previsto celebrar del 5 al 10 de agosto de 2020.

Este colectivo comunica que no fue fácil decidir este aplazamiento, pero cree que en estos momentos la situación económica y sanitaria que estamos viviendo a causa del Covid-19 hace que sea lo más prudente.

La asociación viveirense dice que, cuando todo esto pase, retomará la iniciativa con más fuerza e ilusión si cabe y celebrará la XLII edición de la Mostra en 2021, a la vez que recuerda que el evento se viene realizando ininterrumpidamente desde 1979. Bágoas da Terra concluye su comunicado asegurando que volverán a llenar las calles de Viveiro...

leer más