O Ballet de Arte Folclórico Arxentino ofrecerá o 6 de agosto na Praza Maior de Viveiro o espectáculo Especial Arxentina.

Outro dos grupos participantes nesta 42ª edición da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, o Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), ademais da participación na Gala Internacional do domingo 7, o sábado 6 de agosto ás 22:00 horas no escenario da Praza Maior de Viveiro, ofrecerá o espectáculo Especial Arxentina. 

Trátase dun repertorio composto por obras de diferentes rexións e épocas como a Pampa Arxentina, Estampa de pampa e ceo, Antoloxía do Tango, Carnaval Coya, entre outras, que amosan con detalle cada cal co seu vestiario, as súas danzas, os seus sons, o seu sentir.... O Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), provén da cidade de xeral Pacheco, partido de Tigre, provincia de Buenos Aires. 

É un dos ballets mais importantes de Arxentina. Creado en 1966 polo matrimonio formado por María Martínez y Miguel Angel Saravia, quenes dirixen artísticamente a este espectacular grupo coreográfico, non soamente elixindo e preparando novos programas senón coidando ata o último detalle da autenticidade das súas expresións e orixinais vestiarios. Cerca de corenta artistas integran o B.A.F.A., entre bailarinas e bailaríns, cantantes, músicos e técnicos, brindando unha nutrida e atraínte sucesión de danzas e cancións de diversas rexións do país que representan, o que permite en forma antolóxica facerse unha idea da súa variedade e da súa beleza.