atención temperá

08/05/2026

Este sábado, día 9 de maio, o Auditorio Municipal Pascual Veiga, de Mondoñedo, acollerá unha nova edición das Xornadas de Atención Temperá, “un espazo de encontro e aprendizaxe arredor do desenvolvemento infantil”, anuncia a organización, que explica: “durante a mañá contaremos con profesionais de referencia que abordarán cuestións clave como os sinais de alerta no desenvolvemento motor, o neurodesenvolvemento a través de casos clínicos, a prevención desde a odontoloxía en idades temperás e o desenvolvemento comunicativo e as rutinas de crianza. Unha oportunidade única para profesionais e familias interesadas no benestar e desenvolvemento da infancia”.

Esta actividade desenvolverase de 9:00 a 14:30 horas e entregarase certificado de asistencia.