Monólogo

01/07/2025

Este domingo, día 8 de xullo, ás 19:00 horas regresa a Vilamartín Pequeno o programa cultural A Voltas cos Contos, posto en marcha polo Concello de Barreiros co afán de achegar actividades culturais ás parroquias do interior. O actor Avelino González ofrecerá o monólogo titulado Chistes que foron contos e di que, “mudaron as formas pero non o fondo. Trátase de entreter e facer rir. Son contos sacados da tradición que foron cambiando e actualizándose e son moi modernos! Por iso mola contalos hoxe porque son bos. E así seguimos rindo unha risa que se vén rindo hai moito tempo”.

O programa está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

 

19/06/2025

A monologuista Cata Ukelele ofrecerá o seu espectáculo titulado In Soportable este sábado, día 21 de xuño, ás 20:30 horas no Cine Teatro Ribadeo. O prezo da entrada é de 5 euros.

Está organizado polo colectivo ribadense As Vacas Fracas, que anuncia: “o sábado 21 de xuño tedes unha cita en Ribadeo! Dende Compostela chega Cata Ukelele, a rookie eterna do stand up galego, cun monólogo cheo de humor ácido, fresco e sen filtro”.

07/02/2025

O mércores 12 de febreiro ás 11:00 horas o Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, será o escenario da obra No solo duelen los golpes, un monólogo autobiográfico da comunicadora e activista feminista Pamela Palenciano. Esta actividade, organizada polo CIM dentro do programa O Concello cos coles, está dirixida principalmente ao alumnado de 3º de ESO do IES Dionisio Gamallo e do Sagrado Corazón, así como a estudantes de Formación Profesional do CIFP Porta dá Auga.

No solo duelen los golpes é un monólogo unipersoal con pinceladas de autoficción que narra a vivencia persoal de Pamela Palenciano na súa primeira relación de noivado, que se tornou violenta ao longo de seis anos. A través da súa experiencia, a autora conéctanos coa historia universal das violencias machistas e a construción de estereotipos que...

leer más
Etiquetas:
23/10/2024

A localidade de Vilela, no concello de Ribadeo, acollerá unha representación teatral este domingo, día 27 de outubro. Será na Escola da Pena ás 18:00 horas.

A Compañía Solitaria do Doutor Monifate ofrecerá a obra titulada “Badman, un home malo”. É un monólogo de 50 minutos de duración para maiores de 16 anos.

17/05/2024

Dentro da programación das Letras Galegas organizada polo Concello de Cervo, este sábado, 18 de maio Leti da Taberna ofrecerá o monólogo titulado “Enredada”. Será ás 19:30 horas  no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok e actualmente acumula decenas de miles de seguidoras nas redes sociais, converténdose nunha "taberneira virtual". Utiliza a retranca para realizar crítica social dende unha perspectiva feminista e en galego.

Etiquetas:
11/05/2024

O coñecido actor galego Touriñán ofrecerá o seu monólogo Aquí Tou! no auditorio municipal de Ribadeo o día 1 de xuño, sábado, en dúas sesións: ás 20:00 e ás 22:30 horas. Anunciouno a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, quen destacou que “ata agora a xira deste espectáculo de Touriñán só estivo nas grandes cidades e con moito éxito. Por iso estamos encantados de recibilo en Ribadeo”.

A edil ribadense contou que “neste monólogo Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de...

leer más
Etiquetas:
30/03/2024

O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo Depende, do actor Sergio Pazos, o domingo 7 de abril ás 20:30 horas.

As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, están á venda na web https://lagranentrada.com/.../sergio-pazos-depende-en...Tamén se poderán mercar na Casa do Viejo Pancho e na taquilla do auditorio o día da actuación.

Etiquetas:
29/03/2024

O coñecido actor Carlos Blanco ofrecerá un monólogo en Burela o sábado 6 de abril. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

As entradas están á venda anticipadamente na web www.ataquilla.com a un prezo de 12 euros. E tamén poderán mercarse o día da actuación no despacho de entradas da Casa da Cultura a 15 euros.

 

01/03/2024

A asociación cultural As Vacas Fracas, en colaboración co Concello de Ribadeo, organiza a presentación dun documental sobre a olaría de Buño titulado “Povo de barro” e despois da proxección haberá un coloquio. Será este domingo, 3 de marzo, ás 17:00 horas no Teatro ribadense, con entrada de balde.

O Concello de Ribadeo, anuncia que “este documental é froito do traballo dun colectivo de mozas e mozos de Carballo chamado Bastidores. É unha homenaxe á olaría de Buño e ás mulleres e homes que fixeron dela un modo de vida".

Por outra parte, tamén este domingo, 3 de marzo, actuará en Ribadeo o actor Avelino González, que ofrecerá o monólogo titulado “Contos de contrabando”. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. A entrada ten un prezo de 3 euros.

 

Etiquetas:
06/12/2023

A programación cultural do Concello de Cervo inclúe para esta fin de semana un espectáculo de malabares o venres, 8 de decembro, e un monólogo de Avelino González para o sábado, día 9.

O venres ás 17:30 horas terá lugar o show titulado "Cirkote, espectáculo de malabares" a cargo de Kote Malabar. Será nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco. 

E o sábado ás 19:00 horas o actor Avelino González ofrecerá o monólogo "Contos de Contrabando" no auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián.