O actor Carlos Blanco ofrece un monólogo en Burela o 6 de abril

O coñecido actor Carlos Blanco ofrecerá un monólogo en Burela o sábado 6 de abril. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

As entradas están á venda anticipadamente na web www.ataquilla.com a un prezo de 12 euros. E tamén poderán mercarse o día da actuación no despacho de entradas da Casa da Cultura a 15 euros.